La Nación (Buenos Aires)
La Nación é un xornal matutino da Arxentina, editado na cidade de Buenos Aires. Foi fundado polo expresidente Bartolomeu Mitre e o seu primeiro exemplar publicouse o 4 de xaneiro de 1870. De formato "saba", é o segundo diario en cantidade de circulación no país.
La Nación | |
---|---|
Unha portada vella do xornal. | |
Fundación | 4 de xaneiro de 1870 |
Fundador | Bartolomé Mitre |
Lingua | lingua castelá |
ISSN | 0325-0946 |
Na rede | |
http://www.lanacion.com e https://www.lanacion.com.ar/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
editarAo seu primeiro director e fundador sucedérono os seus fillos, Bartolomeu Mitre y Vedia e Emilio Mitre. Este último creou S.A. La Nación en 1909, a cal segue sendo a sociedade propietaria do diario. Entre 1909 e 1912 os co-directores foron os netos do fundador, Luís e Jorge. Logo o primeiro presidiría o directorio, e o segundo sería director xornalístico. En 1932 Luís Mitre asume ambas as funcións, que mantén ata a súa morte en 1950. Desde entón ata a súa morte en 1982 o diario sería conducido por Bartolomeu Mitre, bisneto do fundador, e desde 1982 ata o presente (2007) por Bartolomeu Mitre, tataraneto do fundador.
É visto polo xeral como un dos diarios arxentinos máis prestixiosos e con maior traxectoria, que soubo ter unha continuidade no seu estilo e orientación ao longo do tempo. Actualmente é o segundo diario en cantidade de circulación na Arxentina, detrás de Clarín.
O seu lema é: "La Nación será una tribuna de doctrina" (A Nación será unha tribuna de doutrina).
Orientación política
editarDe tendencia tradicionalmente conservadora, adoita ser a vía de expresión de sectores afíns á Igrexa Católica, ás Forzas Armadas e aos grandes produtores agropecuarios da Arxentina. Con todo, polas súas columnas e notas de opinión pasaron personalidades das máis variadas cores políticas.
La Nación en Internet
editarEn 1995 La Nación lanzou o seu sitio web, chamado inicialmente La Nación Line. Actualmente é o segundo sitio de noticias máis visitado da Arxentina, detrás da versión dixital de Clarín.
Seccións
editarO diario conta con 5 seccións fixas diarias:
- Sección primeira: Política, información general, exterior, ciencia, opinión etc.
- Sección segunda: Economía.
- Sección terceira: Deportes.
- Sección cuarta: Espectáculos.
- Sección quinta: Clasificados.
e 16 suplementos semanais:
|
|
|
Na súa última páxina publícanse as tiras cómicas. Entre elas, as de Maitena e Liniers.