Maitena
Maitena Inés Burundarena Streb, nada en Buenos Aires o 19 de maio de 1962,[1] é unha historietista arxentina. A súa obra céntrase nos sentimentos interiores do mundo feminino.[2]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Maitena Inés Burundarena Streb 19 de maio de 1962 (62 anos) Buenos Aires, Arxentina |
Actividade | |
Ocupación | pintora, artista de banda deseñada, escritora |
Pseudónimo literario | Maitena |
Traxectoria
editarPrimeiros anos
editarMaitena Burundarena naceu en Buenos Aires e criouse no conurbano bonaerense, na localidade de Bella Vista, xunto aos seus seis irmáns. O seu pai, Carlos Burundarena, foi ministro de educación durante a ditadura arxentina na década de 1980 e a súa nai, Janina Streb, era arquitecta.[3]
Maitena debuxou tiras eróticas para varias publicacións europeas, como Makoki, en Barcelona.[4] Na Arxentina, traballou en Sex Humor, Fierro, Hum® e Cerdos y Peces.[1]
Traballou tamén como ilustradora gráfica en revistas e xornais arxentinos, ademais de editoriais especializadas en libros de texto. Foi tamén guionista televisiva e propietaria de bar e de restaurante.[1]
A súa primeira tira, Flo, foi publicada en Tiempo Argentino, xornal de Buenos Aires. A súa obra foi recompilada nun libro titulado Y en este rincón, las mujeres.[5]
Mujeres Alteradas
editarEn 1993, a revista feminina arxentina Para Ti propúxolle que fixese unha páxina de humor semanal. Esta foi a orixe de Mujeres Alteradas, que foi traducida a diversas linguas.[1] Foi posteriormente recompilada en cinco libros, que venderon 150 000 exemplares só na Arxentina.[1]
Superadas
editarEntre 1998 e 2003, Maitena tamén publicou unha serie diaria na sección de humor de La Nación baixo o nome de Superadas.[5] A banda foi publicada en varios xornais internacionais. Contra finais de 2002 recompiláronse nun libro titulado Superadas 1.[6]
En xuño de 2003, Maitena comezou a publicar a banda dominical Curvas peligrosas en La Nación.[5]
Vida privada
editarMaitena é de orixe vasca (maitena significa "a máis querida" en éuscaro) por parte de pai e polaca por parte de nai.
Maitena casou en dúas ocasións e ten tres fillos, dous co seu primeiro marido e un co segundo, Daniel Kon: Amaya Bouquet (1979), Juan Pablo Bouquet (1982) e Antonia Kon (2000).[7] Entre os anos 2000 e 2012 residiu en La Pedrera (Uruguai), mais posteriormente regresou á Arxentina.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Mujeres alteradas, de Maitena (2002) Arquivado 22 de xullo de 2019 en Wayback Machine. (en castelán)
- ↑ Comiqueando, #47, September 2001 (en castelán)
- ↑ Más allá del género: Acerca del mundo de Maitena Burundarena Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine. por Héctor D. Fernández L’Hoeste (en castelán)
- ↑ Maitena, libros y obras Lecturalia (en castelán)
- ↑ 5,0 5,1 5,2 "Comic creator: Maitena". Lambiek.net. 25 de marzo de 2011. Consultado o 12 de febreiro de 2013.
- ↑ Maitena. "Superadas 1". Open Library. Consultado o 12 de febreiro de 2013.
- ↑ Maitena Burundarena Streb My Ancestors and Relatives. Consultado o 30 de xaneiro de 2015.
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Muller |
Ligazóns externas
editar- Páxina oficial Arquivado 01 de novembro de 2017 en Wayback Machine.
- "Lo peor de Maitena": los dibujos más calientes, por Daniel Santos en Ciudad Equis, La Voz del Interior (abril de 2015).
- Burundarena, Maitena, en Auñamendi Encyclopedia
- Entrevistas para EuskoNews & Media (Nº 309 - 2005/07/15-22) por Julia López. RealMedia
- Son
- Entrevista en The New York Times
- Maitena entrevistada por Raquel Garzón en 2011
- Crítica de Rumble en Babelia, de El País