Ricardo Liniers Siri, chamado Liniers, nado en Buenos Aires o 15 de novembro de 1973, é un debuxante arxentino.

Modelo:BiografíaLiniers

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Ricardo Liniers Siri Editar o valor en Wikidata
15 de novembro de 1973 Editar o valor en Wikidata (50 anos)
Buenos Aires, Arxentina Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónartista de banda deseñada, pintor, editor literario Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteBilly Ireland Cartoon Library & Museum biographical files (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm4434943 Twitter: porliniers BNE: XX1781397 Musicbrainz: f741ae96-f8cf-4577-875f-92ed44ec792d Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Estudou publicidade, pero non se dedicou a iso; comezou a debuxar para fanzines, e logo para distintas revistas e xornais. A partir de 1999 publicou semanalmente no suplemento NO! do xornal Página/12 e en xuño de 2002 mudouse a traballar como debuxante para o xornal La Nación, da man de Maitena. Alí, na última páxina, realiza as tiras cómicas que lle dan sona, e que anos despois recolle en publicacións de libro co nome de Macanudo. Aínda que ten diversos personaxes, moitos deles anónimos, ten outros caracteres fixos: a nena Enriqueta, o seu gato Fellini e o seu oso de peluche Madariaga; Z-25, o "robot sensíbel"; o pingüín Macanudo e un conxunto de ananos de pucho de cores. As súas historias xogan coa absurdo e coa reflexión intelectual, na liña da Mafalda de Quino.

Tamén realizou dúas mostras de pintura, e deseñou as portadas dos álbums Logo, de Kevin Johansen e La lengua popular, de Andrés Calamaro.

Editou os seguintes álbums:

  • Lo que hay antes de que haya algo", Pequeño Editor, (conto)
  • Macanudo 1. Ediciones De la Flor, Buenos Aires, 2004 (a serie Macanudo recolle as colaboracións en La Nación)
  • Macanudo 2. Ediciones De la Flor, Bos Aires, 2005
  • Macanudo 3. Ediciones De la Flor, Bos Aires, 2006
  • Macanudo 4. Ediciones De la Flor, Bos Aires, 2006
  • Bonjour. Ediciones De la Flor, Bos Aires, 2005 (recompilación das primeiras colaboracións gráficas de Liniers)

Ningún dos seus álbums está traducido ao galego.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar