Iria Flavia, Padrón
Santa María de Iria Flavia é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés de Padrón, na comarca do Sar. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 1.996 habitantes (947 homes e 1.049 mulleres) distribuídos en 29 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 2.356 habitantes.
Iria Flavia | |
---|---|
![]() Igrexa de Santa María de Iria Flavia. | |
Concello | Padrón[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 42°44′45″N 8°39′20″O / 42.745949, -8.655603Coordenadas: 42°44′45″N 8°39′20″O / 42.745949, -8.655603 |
Poboación | 1.996 hab. (2013) |
Entidades de poboación | 30[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
HistoriaEditar
Situada na confluencia dos ríos Sar e Ulla, Iria foi unha cidade portuaria, poboación principal da tribo celta Capori. Os romanos nomearon o porto celtíbero como Iria Flavia para eloxiar ao emperador romano Vespasiano, primoxénito da dinastía Flavia.
Non máis tarde do ano 561, quizais a partir do 400, Iria foi a sé dun bispado, tamén coñecido en latín como Locus Sancti Iacobi ('lugar de Santiago'), que se converteu en sufragáneo do metropolitano da Arquidiocese de Braga e, máis tarde, compartiu a súa sé con Compostela, que se converteu no principal destino de peregrinación de Iberia (rivalizando con Roma e Xerusalén) ao ser completamente trasladado alí en 1095.
Historia eclesiásticaEditar
Durante o Reino Suevo, para restaurar a ortodoxia católica establecéronse en Galiza nove dioceses, entre elas Iria Flavia, mencionadas no Parochiale suevorum. A lista dos bispos de Iria presentes nos concilios e sinalados noutras fontes comeza no século VI con Andreas.[2] Non parece haber ningunha razón comercial ou política para situar un bispo en Iria Flavia, aínda que as escavacións identificaron un santuario que data tamén da segunda metade do século VI. As reliquias que foron identificadas con Santiago o Maior e que foron trasladadas a Compostela puideron determinar orixinalmente a localización da diocese en Iria, para controlar un xacemento xa santificado. De tódolos xeitos, tamén se ten sostido que viría a substituír o antigo bispado de Aquae Celenae (actual Caldas de Reis) que, no seu momento, foi un municipium romano e un centro administrativo con máis importancia que Iria.
Baixo Adaulfus II, a cidade foi destruída polos piratas viquingos, o bispo refuxiouse tras as murallas de Compostela. Pronto solicitaron a Ordoño II e ao Papa Nicolao I que lles permitise trasladar a sé de Iria a Compostela (c. 860), preto da igrexa de Santiago (fundada c. 835). Tanto o papa como o rei consentiron, a condición de que a honra da sé fose repartida entre os dous lugares. A partir da segunda metade do século IX os bispos desta sé son coñecidos como Irienses ou Sancti Jacobi, mesmo ecclesiae apostolicae sancti Jacobi e finalmente como Compostellani.[3]
No 1024 gañou territorio da suprimida Diocese de Tui, só para perdelo en 1069 para (re)establecer a Diocese de Tui.
No 1095, por reverencia ao corpo e ao sepulcro de Santiago, Urbano II, mediante unha bula no 5 de decembro, retirou a Iria ao seu rango episcopal e trasladou a sé na súa totalidade a Compostela, en favor do bispo cluniacense Dalmacio, presente no Concilio de Clermont ese mesmo ano. Ao mesmo tempo Urbano eximíao da autoridade de metropolitano e fíxoo inmediatamente sometido á Santa Sé.
Sobre o ano 1100 Diego Xelmírez, bispo de Compostela, reconstruíu a antiga igrexa catedralicia de Santa María Adina,[4] que fora destruída por Almanzor. As escavacións revelaron que o xacemento foi construído sobre cimentos romanos e atopouse unha figura votiva romana dun touro.[5]
NecrópoleEditar
A igrexa, o adro e parte do contiguo cemiterio ocupan unha extensa necrópole datada a partir do século V. No templo está un dos órganos máis valiosos de Galicia. Amais de lápidas e sartegos contemporáneos (como o de Camilo José Cela, nomeado marqués de Iria Flavia por Xoán Carlos I), á beira da igrexa de Santa María consérvase unha ampla colección de sartegos e laudas, en distinto estado de conservación. Son sartegos monolíticos, escavados con forma antropomorfa e tampa tamén monolítica lisa ou en dobre estola. Nalgunhas das laudas aprécianse signos gremiais como nas de Noia. Atopáronse tamén outros construídos con laxes, perpiaños ou ladrillos. Nalgúns casos consta que se trata de elementos construtivos de antigas obras romanas. A documentación histórica do século XII indica que na igrexa existiu un panteón no que estaban sepultados até vinte e oito bispos da diocese.[6]
Bispos de Iria FlaviaEditar
- André (fl. 561 - 572), asinou as actas do Primeiro Concilio de Braga e do Segundo Concilio de Braga.
- Dominicus (fl. 589), asinou as actas do III Concilio de Toledo.
- Samuel (fl. 633), asinou as actas do IV Concilio de Toledo.
- Gotomar (fl. 638 - 646), asinou as actas do VI Concilio de Toledo e do VII Concilio de Toledo.
- Vincibilis (fl. 653), asinou as actas do VIII Concilio de Toledo.
- Ildulfus Felix (fl. 675 - 688), asinou as actas do Terceiro Concilio de Braga, do XII Concilio de Toledo, XIII Concilio de Toledo e do XV Concilio de Toledo.
- Selva (694 - 702/3), durante o reinado de Vitiza.
- Teodesindo (fl. 709)
- Emila (718 - 737), durante o reinado de Paio.
- Román (757 - 768), durante o reinado de Froila I.
- Agostiño, durante o reinado de Froila I.
- Honorato, durante o reinado de Froila I.
- Vincele (768 - 774), durante o reinado de Aurelio.
- Cresconio I (774 - 783), durante o reinado de Silo.
- Vaula (783 - 789), durante o reinado de Mauregato.
- Quendulfo (fl. c. 790 - 818), durante o reinado de Vermudo I.
- Teodomiro (c. 818 - 847), descubriu a tumba de Santiago no 830.
- Adaulfo I (c. 847 - c. 851)
- Adaulfo II (c. 851 - c. 867)
Bispos de Iria Flavia e da Sé ApostólicaEditar
- Sisnando I (877?79 - 919?20)
- Gundesindo Alóitez (fl. 923) (920? - 924)
- Hermenexildo (924 - 951)
- Sisnando II (951?52 - 958?968)
- Rosendo (administrador apostólico 970 - 977)
- Paio Rodríguez (977 - 985)
- Pedro I de Mezonzo (985?86 - 1003?)
- Paio Díaz (fl. 1007) (1003? - 1011)
- Vímara Díaz (fl. 1011 - 1013?)
- Vistruario (1014?16 - 1032?36)
- Servandus (existencia en dúbida)
- Cresconio II (1037?48 - 1066)
- Gudesteo (1066?67 - 1069?70)
- Diego Páez (1071?75 - 1088?), primeira vez.
- Pedro II (1088 - 1090)
- Diego Páez (1090 - 1094), segunda vez.
- Dalmacio (1094 - 1095), primeiro bispo do rito Latino.
Iria Flavia na literatura e na cultura popularEditar
Iria Flavia coñécese popularmente co nome de Adina.[4] Rosalía de Castro referiuse nos seus versos ó cemiterio anexo:
- O cemiterio da Adina
- n'hai duda que é encantador
- cos seus olivos escuros
- de vellas recordazóns.
Ou
- Ceboleiras que is e vindes
- de Adina polos camiños
- á veira do camposanto
- pasái leve e paseniño.
e foi enterrada no mesmo á súa morte en 1885, onde permaneceu ata que en 1891 os seus restos foron trasladados ó Panteón de Galegos Ilustres, en Santiago.
Na literatura popular galegaEditar
- Nosa Señora da Adina/ ten oliveiras no adro,/ botan piñas no outono,/ cereixas no mes de maio.
- Nosa Señora da Adina/ ten un piñeiro no adro,/ bota piñas polo outono,/ cereixas no mes de maio.[4]
Galería de imaxesEditar
Lugares e parroquiasEditar
Lugares de Iria FlaviaEditar
Lugares da parroquia de Iria Flavia no concello de Padrón (A Coruña) | |
---|---|
A Aduana | Anteportas | Arretén | O Barco | A Calzada | Cambelas | O Couto | A Horta | Iria Flavia | Lestido | Luáns | A Matanza | O Montiño | O Muelle | O Paraíso | Pazos de Iria | Pedreda | O Piñeiro | O Pombal de Abaixo | O Pombal de Arriba | A Ponte | A Porta dos Mariños | A Pousa | Quintáns | Romarís | O Roucón | A Rúa | O Rueiro | O Souto | Vista Alegre |
Parroquias de PadrónEditar
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Padrón | |
---|---|
Carcacía (San Pedro) | Cruces (Santa María) | Herbón (Santa María) | Iria Flavia (Santa María) | Padrón (Santiago) |
NotasEditar
- ↑ 1,0 1,1 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
- ↑ "OBISPADO DE IRIA FLAVIA". geocities.com. Archived from the original on 26 de outubro de 2009. Consultado o 2023.
- ↑ Catholic Encyclopedia
- ↑ 4,0 4,1 4,2 Gran Enciclopedia Galega, s. v. Adina.
- ↑ "CORPUS ARTIS GALLAECIAE". uc.pt. Arquivado dende o orixinal o 05 de abril de 2005. Consultado o 2023.
- ↑ Carrero Santamaría, Eduardo (2004). "Paraliturgia, ajuar hagiográfico y lugares de enterramiento en torno a los obispos santos de Galicia y de León entre los sgilos IX y XI" (PDF). Porta da aira: revista de historia del arte orensano (10).
Véxase taménEditar
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Iria Flavia, Padrón |