Santiago Casares Quiroga
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Santiago Casares Quiroga, nado na Coruña o 8 de maio de 1884 e finado en París o 17 de febreiro de 1950, foi un político e avogado galego. Foi un dos signatarios do Pacto de San Sebastián (1930) e deputado a Cortes da ORGA (Organización Republicana Autónoma Galega), un partido que dirixiu e fusionou en 1936 coa Izquierda Republicana. Ocupou varias carteiras ministeriais e chegou a ser presidente do goberno de España durante a Segunda República.
Traxectoria
editarFillo de Santiago Casares Paz, militante do Partido Republicano Federal e alcalde republicano da Coruña en 1917. Desde os cinco anos padeceu tuberculose.[1] Cursou os estudos universitarios en Madrid e doutorouse en Dereito cunha tese dedicada á Ramón de la Sagra. Deses anos en Madrid, regresou a Galicia cunha filla, Esther, que entregou á custodia do seu pai.[1] Dende 1907 foi concelleiro na Coruña e nese ano converteuse nun dos membros destacados de Solidaridad Gallega. Ligado ao Partido Republicano Autónomo da Coruña do que foi líder con 24 anos. En 1914 asumiu a dirección do periódico republicano Tierra Gallega. Como consecuencia da súa implicación nunha campaña anticlerical en 1917 na que resultou agredido, foi destituído como concelleiro.[1]
En 1919 figurou como candidato a deputado a Cortes pola Coruña na coalición republicano-socialista, sendo derrotado. Casou en 1920 con Gloria Pérez Corrales, filla dun militar cacereño republicano e dunha cigarreira coruñesa.[2] Coa chegada ao poder de Primo de Rivera permaneceu un curto período na cadea e despois dedicouse aos negocios e a administrar a súa fortuna. O 11 de febreiro de 1926 creouse a Alianza Republicana, e integrouse nela con Xerardo Abad Conde como representantes do Casino Republicano Coruñés.
O 5 de setembro de 1929 Casares reuniuse no Casino de Santiago de Compostela con Emilio González López, Antón Villar Ponte e outros intelectuais para crear un novo partido político republicano de carácter autonomista que se denominou ORGA (Organización Republicana Gallega Autónoma). Participou no Pacto de San Sebastián (1930), en representación da Federación Republicana Gallega. En decembro dese ano, foi enviado a Jaca como delegado do comité revolucionario republicano na clandestinidade para evitar a sublevación que preparaban un grupo de militares republicanos. Non chegou a tempo, polo que a sublevación tivo lugar, sen éxito ningún. A consecuencia disto, foi encarcerado.
Segunda República Española
editarCoa chegada da Segunda República foi nomeado ministro da Mariña no goberno provisional, de abril a outubro de 1931,[3] e máis tarde ministro de Gobernación. Elixido deputado polas Cortes Constituíntes pola ORGA, seguiu sendo ministro de Gobernación durante o goberno socialista-republicano presidido por Manuel Azaña.
Elixido deputado de novo en 1933, e en 1934 (a ORGA pasa a chamarse Partido Republicano Gallego) une o seu partido co de Azaña e outras forzas para crear a Izquierda Republicana, partido que se integraría na Fronte Popular. Tralas eleccións xerais de 1936 é nomeado ministro de Obras Públicas. Tralo acceso de Manuel Azaña á presidencia da República, Casares Quiroga é nomeado presidente do Goberno e ministro da Guerra. Como presidente, organiza o referendo sobre o Estatuto de autonomía de Galicia de 1936, o terceiro que se presenta despois dos de Cataluña (1932) e País Vasco (1936), o cal foi aprobado en plebiscito o 28 de xuño do mesmo ano.
Guerra civil española
editarCasares segue sendo presidente do goberno cando se produce o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 que desembocaría na guerra civil española. Afirmouse tradicionalmente que se negou a entregar as armas ás organizacións obreiras, polo que dimitiu e foi substituído por Diego Martínez Barrio de forma interina e por José Giral definitivamente. Así e todo, as memorias de Manuel Portela Valladares (inéditas até 1972) e as da súa filla María Casares, coinciden en afirmar o contrario: foi o presidente da República, Azaña, quen cesou a Casares o mesmo 18 de xullo de 1936 porque este último quería entregar as armas ao pobo.
Non ocupou ningún cargo máis durante a Guerra Civil, marchando a Francia antes da súa finalización. Morreu no exilio en 1950.
A súa figura foi especialmente infamada polo franquismo, véxase como exemplo a seguinte misiva do gobernador civil da Coruña, José María de Arellano, ás autoridades de Burgos:[4]
Tradución ao galego (de Wikipedia): O nome de Santiago Casares Quiroga será borrado de tódolos rexistros e, sendo indigno de figurar no rexistro de nacementos que se leva nos Xulgados municipais, constituídos por seres humanos e non por alimarias do nome de Santiago Casares Quiroga, someto á súa consideración a procedencia de que se cursen as ordes oportunas para que o folio oprobioso do Rexistro Municipal desta cidade no que se acha inscrito o seu nacemento se faga desaparecer. Neste sentido comunicarame V. E. a prestación desta obrigada homenaxe á España Unha, Grande e Libre de Franco. No acta do Colexio de Avogados e en cantos libros figure o nome repugnante de Santiago Casares Quiroga deberá procederse, así mesmo, para que as xeracións futuras non atopen máis vestixio seu que a súa ficha antropolóxica de fuxido. Deus Garde a vostede moitos anos. — A Coruña, 26 de novembro de 1937. O Gobernador Civil, José María de Arellano.Texto orixinal (en castelán): El nombre de Santiago Casares Quiroga será borrado de todos los registros y, siendo indigno de figurar en el registro de nacimientos que se lleva en los Juzgados municipales, constituidos por seres humanos y no por alimañas del nombre de Santiago Casares Quiroga, someto a su consideración la procedencia de que se cursen las órdenes oportunas para que el folio oprobioso del Registro Municipal de esta ciudad en el que se halla inscrito su nacimiento se haga desaparecer. En este sentido me comunicará V. E. la prestación de este obligado homenaje a la España Una, Grande y Libre de Franco. En el acta del Colegio de Abogados y en cuantos libros figure el nombre repugnante de Santiago Casares Quiroga deberá procederse, asimismo, para que las generaciones futuras no encuentren más vestigio suyo que su ficha antropológica de forajido. Dios Guarde a usted muchos años. — La Coruña, 26 de noviembre de 1937. El Gobernador Civil, José María de Arellano.[5]
Legado e recoñecementos
editarO 14 de abril de 2007 foi inaugurada na Coruña a Casa Museo Casares Quiroga na que fora a súa casa na Coruña.[6]
Leva o seu nome unha praza na Barcala, Cambre, que alberga unha escultura de Casares Quiroga obra de José Castiñeiras.
Predecesor: Manuel Azaña |
Presidente do Goberno español 1936-1936 |
Sucesor: José Giral |
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 Páramo 2005.
- ↑ Fraguas, Rafael (23/7/2008). "El secreto del retrato olvidado en el Retiro". El País (en castelán).
- ↑ Ruiz-Manjón 2018.
- ↑ Bugallal, Isabel (19/11/2017). "El folio 'oprobioso' de Casares Quiroga". La Opinión Coruña (en castelán).
- ↑ Arasa, Daniel (2008). Historias curiosas del franquismo (en castelán). Barcelona: Robinbook. pp. 36, 38. ISBN 978-84-7927-979-0.
- ↑ Casa Museo Casares Quiroga Concello da Coruña.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Santiago Casares Quiroga |
A Galicitas posúe citas sobre: Santiago Casares Quiroga |
Bibliografía
editar- "Santiago Casares Quiroga" na Gran Enciclopèdia Catalana (en catalán).
- "Casares Quiroga, Santiago". Diccionario enciclopédico galego universal 13. La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 127. ISBN 84-7680-429-6.
- "Casares Quiroga, Santiago". Dicionario biográfico de Galicia 1. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 206.
- "Casares Quiroga, Santiago". Diciopedia do século 21 1. Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 451. ISBN 978-84-8288-942-9.
- "Casares Quiroga, Santiago". Enciclopedia Galega Universal 5. Ir Indo. 1999-2002. p. 16. ISBN 84-7680-288-9.
- Arenas Dorado, Sagrario. "Casares Quiroga, Santiago (1884-1950)". Enciclopedia Universal Micronet (en castelán). Micronet.
- Ares Botana, Óscar (1996). Casares Quiroga (en castelán). A Coruña: Concello da Coruña. Vía Láctea Editorial. ISBN 84-89444-23-4.
- Durán, José Antonio (2005). "Casares Quiroga, Santiago". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.
- Etcheverría Vázquez, C. (dir.) (2007). Santiago Casares Quiroga, acusado. A Coruña: Ateneo Republicano de Galicia. ISBN 978-84-933103-5-6.
- Fernández Santander, Carlos (1984). El alzamiento de 1936 en Galicia (en castelán). Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-129-5.
- ————————— (2000). Casares Quiroga, una pasión republicana (en castelán). Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-957-1.
- González, E. (1988). Memorias de un diputado en las Cortes de la República (1931-1938) (en castelán). Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-413-8.
- Páramo, A. (2005). "Casares Quiroga o el compromiso republicano" (PDF). Cuadernos republicanos (en castelán) (58): 107–118. ISSN 1131-7744.
- Grandío, E.; Rodero Carretero, Joaquín (ed.) (2011). Santiago Casares Quiroga. La forja de un líder. Madrid: Eneida. ISBN 978-84-95427-28-1.
- Portela, M. (1988). Dietario de dos guerras (1936-1950). Notas, polémicas y correspondencia de un centrista español. Ediciós do Castro.
- Rodríguez Castelao, Alfonso (1992). Sempre en Galiza. Parlamento de Galicia e Universidade de Santiago de Compostela.
- Ruiz-Manjón, O. (2018) [2009-2012]. "Santiago Casares Quiroga". Diccionario Biográfico Español (en castelán) XII. RAH. ISBN 978-84-96849-56-3.
- Valín Fernández, A. (1984). La Masonería y La Coruña. Introducción a la historia de la masonería gallega (en castelán). Xerais. ISBN 84-7507-146-5.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Portal Fuenterrebollo (Gobernos da II República) en fuenterrebollo.com (en castelán).