Encrucillada
Encrucillada, Revista galega de pensamento cristián, é unha revista bimestral, editada pola Asociación Encrucillada, que apareceu en 1977 (daquela editada por SEPT). O seu primeiro director foi o teólogo e académico Andrés Torres Queiruga. Nunha etapa intermedia, a Asociación Irimia (que edita outra revista, Irimia) foi a responsable da edición, permanecendo estable a liña editorial. Actualmente é dirixida por Pedro Castelao,[1] teólogo e profesor da Universidade Comillas, mentres que Torres Queiruga preside a Asociación Encrucillada que publica actualmente a revista.
Encrucillada | |
---|---|
![]() | |
País | España |
Lingua | lingua galega e Lingua oromo |
Fundación | 1977 |
Circulación | |
ISSN | 1131-6519 |
Na rede | |
http://encrucillada.gal/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2016.) |
Encrucillada defínese como "revista galega de pensamento cristián", e aínda que está especializada na temática teolóxica e relixiosa, publica tamén artigos relacionados coa realidade cultural, política e sociolóxica galega. Así, á parte dos artigos específicos en torno a estes temas, cada número inclúe tres crónicas de actualidade: política, cultural e relixiosa. Tamén publica recensións de libros.
NotasEditar
- ↑ ""Encrucillada", a revista galega de pensamento cristián, fai trinta anos cun relevo xeracional". Cultura Galega. 19 de marzo de 2007.