Bernardo García Cendán

Bernardo García Cendán, nado en Vilalba o 11 de abril de 1941 e finado en Lugo o 12 de xuño de 2012,[1] foi un sacerdote, profesor e escritor galego.

Modelo:BiografíaBernardo García Cendán
Biografía
Nacemento11 de abril de 1941 Editar o valor en Wikidata
Vilalba, España Editar o valor en Wikidata
Morte12 de xuño de 2012 Editar o valor en Wikidata (71 anos)

BNE: XX1542627

Traxectoria

editar

Fixo estudos eclesiásticos en Mondoñedo. Licenciado en Filosofía pola Universidade Católica de París e a Pontificia de Salamanca e en Socioloxía pola Universidade de París. Foi profesor no Seminario de Mondoñedo e despois párroco de Nosa Señora do Socorro de Ferrol ata 1987. Tamén foi profesor da Escola de Relacións Industriais de Ferrol, e profesor da Escola de Teoloxía da diocese de Mondoñedo. Logo foi profesor de Filosofía no Colexio Peleteiro de Santiago de Compostela e desde 1987 profesor de Socioloxía na Universidade de Santiago de Compostela.

Foi membro fundador da revista Encrucillada e da Asociación Irimia. Colaborou con artigos nas revistas Lucensia, Guía dos Libros Novos, Tempos Novos e Irimia.[1]

Tamén compuxo cancións para grupos como Fuxan os Ventos e Saraibas.[1]

Obras colectivas

editar
  • Meudon, une approche pastorale (París, 1970).
  • Catolicismo en España (Madrid, 1985).
  • "Ferrol, estructura e identidade" en O Feito diferencial galego, tomo III, Museo do Pobo Galego, 1991.
  1. 1,0 1,1 1,2 Redacción. "Morreu o escritor Bernardo García Cendán". sermosgaliza.gal. Arquivado dende o orixinal o 10 de marzo de 2016. Consultado o 13 de febreiro de 2016. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar