Alphonse Daudet
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2015.) |
Alphonse Daudet, nado en Nîmes o 13 de maio de 1840 e finado en París o 16 de decembro de 1897, foi un escritor francés.
Traxectoria
editarAlphonse Daudet naceu no seo dunha familia burguesa da Provenza. O seu pai posuía unha fábrica de bufandas mais ao quebrar o negocio en 1848 a familia trasladouse a Lión. En 1856 Daudet tivo que interromper os seus estudos e comezou a traballar como mestre en Alès durante uns meses, ata que o 1 de novembro de 1857 marchou a vivir co seu irmán Ernest a París.
Daudet comezou a escribir poemas, que recolleu en Les Amoureuses (1858), obra que lle deu unha certa celebridade. Conseguiu un emprego en Le Figaro, e entre 1860 e 1865 traballou como secretario do duque de Morny, ministro de Napoleón III. Trala súa morte Alphonse conságrase case por enteiro a escribir e o ano seguinte publica no xornal l'Evénement, logo dunha viaxe pola súa Provenza natal, Cartas desde o meu muíño co título de Crónicas provinciais, no que retrata en forma de contos as tradicións, a paisaxe e os costumes provenzais e que gozaron de gran popularidade antes da súa aparición en libro en 1869. En 1868 edita Le petit chose, novela autobiográfica na que evoca a súa experiencia como mestre. A novela non tivo éxito, pero si o conseguiu en 1872 con Aventures prodigieuses de Tartarin de Tarascon.
Durante a guerra franco-prusiana Daudet alistouse no exército e participou na defensa de París (1870), asediada polas tropas prusianas, e a súa experiencia bélica quedou reflectida en varios relatos seus.
Daudet foi un escritor próximo ao naturalismo, cun estilo cheo de luz e cor e cun lene humor lírico, evitando sempre o pesimismo. Dende 1884 sufriu unha enfermidade incurable, con dores noite e día, que soportou con estoicismo ata a súa morte.
Obras
editar- Les Amoureuses (1858),
- Cartas desde o meu muíño (Lettres de mon moulin 1870), Xerais, 1983. Tradución de Víctor F. Freixanes[1]
- Le petit Chose (1868),
- Aventures prodigieuses de Tartarin de Tarascon (1872)
- L'Arlésienne (1872)
- Fromont jeune et Risler aîné (1874)
- Contos do luns (Contes du Lundi) (1875), BIVIR, 2014. Tradución e escolma de Xavier Senín[2].
- Jack (1876)
- Le Nabab (1877)
- Les Rois en exil (1879)
- Numa Roumestan (1881)
- Sapho (1884)
- Tartarin sur les Alpes (1885
- La Belle Nivernaise (1886)
- Trente ans de Paris (1887)
- Souvenirs d'un homme de lettres (1888)
- L'Immortel (1888)
- Port-Tarascon (1890)
Notas
editar- ↑ Referencia na Rede de Bibliotecas de Galicia
- ↑ PDF da obra en galego.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Alphonse Daudet |