Nîmes
Nîmes (en francés: Nîmes, en occitano: Nimes) é unha cidade do sur de Francia, capital do departamento de Gard, na rexión de Occitania. O seu nome na época romana era Nemausus.
Nîmes (fr) Nimes (oc) | |||||
Lema | «COLNEM» | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Francia | ||||
Divisións administrativas | Francia Metropolitana | ||||
Rexións | Occitania | ||||
Departamento | Gard | ||||
Distritos | arrondissement of Nîmes (en) | ||||
Public institution of intermunicipal cooperation with own taxation (en) | Communauté d’agglomération Nîmes Métropole (en) | ||||
Capital de | Gard canton of Nîmes-5 (en) arrondissement of Nîmes (en) canton of Nîmes-6 (en) canton of Nîmes-4 (en) (2015–) canton of Nîmes-2 (en) (2015–) canton of Nîmes-1 (en) (2015–) canton of Nîmes-3 (en) (2015–) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 148.104 (2021) (915,07 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Situado na entidade territorial estatística | Q108921657 Q3551099 | ||||
Superficie | 161,85 km² | ||||
Altitude | 56 m-215 m-21 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Jean-Paul Fournier (pt) (2001–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 30000 e 30900 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 466 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | Salamanca Plasencia Fresno Preston (pt) (1955–) Verona (1960–) Braunschweig (1962–) Praga (1967–) Frankfurt (Oder) (1976–) Rishon LeZion (1986–) Meknès (pt) (2005–) Córdoba (2013–) Fort Worth (2019–) | ||||
Sitio web | nimes.fr | ||||
Situación xeográfica
editarA súa altitude máxima é de 215 m (116 m en zona urbana) e a altitude mínima é de 21 m (45 m en zona urbana). Nîmes está situada nunha chaira —de aí as fortes calores estivais e as frecuentes inundacións— entre sete outeiros (en realidade, só tres grandes topograficamente), como Roma, particularidade que lle valeu o epíteto de «Roma francesa». En plena garriga, atópase a 35 km do mar Mediterráneo, a 20 km da Camargue, a 35 km dos Cévennes e a 20 km do río Ródano. Sinala a divisoria a Provenza (a súa extremidade oeste), e o Languedoc (no seu extremo leste). Nîmes está, ademais, moi próxima a outras grandes e históricas cidades: Arles (27 km), Avignon (44 km), Alès (46 km), Montpellier (54 km), ou mesmo Orange (65 km), Sète (84 km), Aix-en-Provence (95 km) e Marsella (100 km). Nîmes é a 28ª cidade que ocupa maior superficie na Francia metropolitana (161,85 km² ; Arles é a 1ª e París a 50ª).
Clima
editarNîmes goza dun clima privilexiado cunha temperatura suave estábel ao longo do ano e un asoallamento excepcional. Porén, o mistral tende a relativizar a dozura invernal. No verán, debido a súa posición topográfica (nunha foxa), sofre ás veces fortes calores.
- Asoallamento: 2.670 horas/ano (media francesa: 1.973 h/ano)
- Precipitacións: 760 mm/an (media francesa: 770 mm/ano)
- Neve: 3 días/ano (media francesa: 14 días/ano)
- Trebóns: 24 días/ano (media francesa : 22 días/ano)
- Néboas: 11 días/ano (media francesa: 40 días/ano)
A media das temperaturas é de 6,5 °C no inverno e de 23,5 °C en verán (unha das máis elevadas de Francia), con xornadas puntuais con máis de 35 °C.
Historia
editarOrixes e época romana
editarOrixinalmente foi un asentamento galo, pero entre os anos 120 e 117 a. C. foi ocupada polos Romanos. Foi o procónsul Gnaeus Domitius Enobarbus quen o incorporou para asegurar o camiño a Hispania e construíu a vía Domitia fundando Narbona, capital da Galia Transalpina e posteriormente da Narbonense (27 a. C.). Ao redor de 50 a. C. convértese en colonia romana, conservando, adaptado baixo a forma Nemausus, o seu primitivo nome galo[1]. Moitos dos veteranos de Xulio César establecéronse alí e déronlles parcelas de terra para cultivar na chaira de Nimes, aínda que a propia colonia non estivo totalmente organizada até c. 27 B. C., a través de Agripa. Nimes substituíu a Narbona como capital da Narbonense.
Idade Media
editarEn 462 caeu en mans dos visigodos, que a mantiveron tras a derrota da Vouillé e a destrución do reino de Tolosa, formando parte da Septimania visigoda. Un bispado aparece no século V. Conquistada polos musulmáns aos visigodos en 719, en 754 pasou aos carolinxios e foi sede dun condado, que estaba ligado a Septimania. En 872 Nimes pasou ao conde de Tolosa. Até 1185 os vizcondes non recoñeceron a soberanía feudal de Tolosa. Nimes foi ocupada polos cruzados de Simón de Montfort en 1215 pero volveu baixo a soberanía dos vizcondes da dinastía Trencavel en 1224, até que en 1226 as tropas reais a recuperaron e Lois IX de Francia foi coroado. No ano 1271 incorporouse á coroa.
Idade Moderna
editarDurante a Reforma converteuse nun bastión hugonote, producindo en 1567 un masacre de católicos chamado Miguelada. Despois dun período de decadencia que comezou coa revogación en 1685 do Edicto de Nantes, comezou un período de prosperidade económica.
O tecido denim recibe o seu nome da contración de-Nimes. Ese tecido foi empregado en teas para barcos e deu lugar aos jeans.[2]
Patrimonio
editar- Les Arenes, anfiteatro romano do (século I). Transformado en fortaleza durante a Idade Media, alberga na actualidade espectáculos diversos, mesmo corridas de touros.
- A Maison Carrée, templo da época imperial (século I) colocado no centro do foro da cidade romana.
- A Tour Magne (Torre Magna), principal torre do recinto fortificado da época romana, posto sobre o outeiro que domina Nimes, elévase aínda 32 metros (pese a perder o seu terceiro nivel).
- Os Jardins de la Fontaine, realizados no século XVII sobre un precedente, comprenden tamén as ruínas do Templo de Diana.
- O Castellum, punto de chegada do acueduto (famoso pola Pont du Gard), era un depósito para distribuír a auga na cidade. Está escavado, en parte, no rochedo.
- La porte d'Auguste (Porta de Augusto), tamén dita Porta de Arles é unha das antigas portas romanas da cidade, sobre a Via Domitia (ver Vís romanas).
- Catedral de Notre-Dame-et-Saint-Castor, sobre un edificio romano flanqueado dunha maciza torre, foi enteiramente restaurada no século XIX. A destacar a capela do Rosario (chapelle du Rosaire), fermoso exemplar do Barroco do século XVII. O tímpano da fachada é unha obra mestra da escultura románica.
- Museo de Belas Artes (Musée des Beaux-Arts), construído en 1907 e readaptado en 1986-87. Acolle numerosas pinturas flamengas e holandesas, obras italianas dos séculos XVI e XVII, ademais dunha extensa colección de pinturas francesas dos séculos XVIII e XIX.
Notas
editar- ↑ Schrijver, Peter (1995). Studies in British Celtic Historical Phonology (en inglés). Rodopi. ISBN 978-90-5183-820-6.
- ↑ Vanitatis, Colaboradores (2018-11-05). "¿Cuál es el origen del tejido 'denim' y por qué ha tenido tanto éxito?". vanitatis.elconfidencial.com (en castelán). Consultado o 2022-05-14.
Véxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Nîmes |