Braunschweig
Braunschweig (en baixo alemá: Brunswiek) é unha cidade alemá situada no estado federado da Baixa Saxonia, ocupando aquí a posición de segunda máis poboada detrás de Hannover. Dividido polo río Oker o seu centro histórico alberga o castelo Dankwarderode e as esculturas coa heráldica de Henrique o León, como o león de bronce da praza da Catedral de St. Blasii, única estatua de bronce ao norte dos Alpes na súa época.[3]
Braunschweig | ||
---|---|---|
![]() | ||
Braunschweig, 2019 | ||
Localización | ||
País | ![]() | |
Estado | Baixa Saxonia | |
Distrito | Distrito urbano | |
Xeografía | ||
Altitude | 75 msnm | |
Superficie | 192,09 km² | |
Demografía | ||
Poboación | 261 848 (2019) [1] | |
Outros datos | ||
Código postal | 38100, 38126, 38114 e 38100–38126 | |
Alcalde | Ulrich Markurth (SPD) [2] |
A cidade está situada a 67 km de Hannover e a 40 km de Wolfsburg.
Historia e característicasEditar
Esta cidade da Baixa Saxonia foi o centro económico do Imperio en tempos da Revolución Industrial e foco económico e cultural durante o Renacemento onde se estrearon Fausto I de Goethe e a traxedia de Lessing Emilia Galotti.
Cidade ata o seu falecemento de Henrique o León. Foi el quen a introduce como socia da Liga Hanseática e isto elévaa a núcleo comercial europeo.[4]
O río Oker era navegábel e selaba o tráfico de mercadorías dos ríos Aller e Weser, o comercio de Bremen e o do Mar do Norte. Braunschweig chega a ser unha das cidades máis poboadas ao norte das montañas do Harz e convértese en residencia dos güelfos, entre 1753 e 1754, ordéase a construción do palacio da cidade, actual Biblioteca Municipal, Arquivo e Instituto Cultural.
Esta foi a cidade do poeta Gotthold Ephraim Lessing atè a súa morte, autor de máis relevancia durante a Ilustración e influente na literatura alemá.[5]
A cidade conta cun estadio de baloncesto, o Volkswagen Halle, sede do equipo local Basketball Löwen Braunschweig, competidor da Bundesliga desde o ano 2000.
Cidades irmásEditar
NotasEditar
- ↑ Braunschweig(en alemán)
- ↑ Braunschweig(en alemán)
- ↑ "Braunschweig"(en castelán)
- ↑ "Braunschweig"(en castelán)]
- ↑ "Braunschweig"(en castelán)
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Braunschweig |