Clamart
Clamart é unha comuna (municipio) de Francia, no suroeste da rexión de Illa de Francia, departamento de Altos do Sena, no distrito de Antony. A comuna comprende a totalidade do cantón homónimo e parte do Lle Plessis-Robinson. Localízase a 8,7 km do centro de París.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Francia | ||||
Divisións administrativas | Francia Metropolitana | ||||
Rexións | Illa de Francia | ||||
Departamento | Hauts-de-Seine | ||||
Distritos | arrondissement of Antony (en) | ||||
Cantón | canton of Le Plessis-Robinson (en) | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 54.491 (2021) (6.213,34 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Situado na entidade territorial estatística | Q108921672 Paris unité urbaine (en) | ||||
Superficie | 8,77 km² | ||||
Altitude | 120 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Mayor of Clamart (en) | Jean-Didier Berger (2014–) | ||||
Membro de | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 92140 | ||||
Fuso horario | |||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | clamart.fr | ||||
A cidade divídese en dúas partes, separadas por un bosque, o Bosque de Clamart, cantado por Georges Brassens: O Bas-Clamart, que é o centro histórico, e o Petit-Clamart, unha urbanización construída nos 60 en substitución das plantacións de chícharos. Está integrada na Communauté d’agglomération Sud de Seine, da que é a maior poboación.
O nome da cidade é famoso na gastronomía de Francia. Trátase dun prato de acompañamento, baseado en chícharos. Son chamados "à la clamartoise".
Sucesos históricos
editarEn 1962, no Petit-Clamart produciuse o atentado contra Charles De Gaulle, acometido polo tenente-coronel do exército do aire, Jean-Batisten Thiry, por conceder a autodeterminación a Alxeria. Thiry terminou sendo fusilado.
Demografía
editarGráfica de evolución demográfica de Clamart entre 1793 e 1896 |
Gráfica de evolución demográfica de Clamart entre 1901 e 2007 |
Cidades irmandadas
editarNo propio sitio oficial de Clamart, sinálanse os seguintes irmandamentos:[1]
- Luneburgo, (Alemaña), desde 1975
- Scunthorpe, (Reino Unido), desde 1976
- Majadahonda (España), desde 1988
- Artashat (Armenia), desde 2003
- Penamacor (Portugal), desde 2006
Notas
editar- ↑ Clamart: Villes jumelles Arquivado 15 de xuño de 2017 en Wayback Machine., sitio dixital oficial.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Clamart |
Ligazóns externas
editar- Páxina web Arquivado 22 de xullo de 2012 en Archive.is