Irmandamento

acordo entre entidades administrativas

Irmandamento (derivado do verbo irmandar) é o proceso político polo que dúas localidades distintas establecen un vencello común, que pode ser simplemente simbólico ou de intensidade moito máis forte. As razóns máis visibles do irmandamento son as de etimoloxías similares para os topónimos (v. Lalín, Santiago de Compostela, A Pobra de Trives, Palas de Rei, Monterrei, Beade ou Gondomar), inda que tamén se pode deber a unha gran proporción de emigrantes dunha das localidades na poboación da outra (v. irmandamentos coa Arxentina, Cuba, Francia e Alemaña ou Burela no sentido inverso), unha historia semellante (v. Baiona a Real), a unha similitude cultural ou económica (v. Tomiño), a unha busca común de recursos ou a outros motivos.

Irmandamentos da provincia da CoruñaEditar

LOCALIDADE GALEGA LOCALIDADE IRMANDADA
A Coruña Brest (Francia), Recife (Brasil)
Ames Sáhara
Betanzos Pont l'Abbe (Francia)
Cabana ou Malpica de Bergantiños New Castle (EUA)
Boqueixón Cotgrave (Reino Unido)
Carballo L'Île Jourdain (Francia)
Carnota Landeda (Francia)
Cedeira Paimpont (Francia)
Coristanco Guyonniere (Francia)
Ferrol Vila do Conde (Portugal), Agueda (Portugal), Viana do Castelo (Portugal)
Fisterra Avellaneda (Arxentina), Camp Creus (Xirona, España)
Melide Coleccio (Arxentina), Burgos (España)
Neda Alxeciras (España)
Negreira Serzedo (Portugal), Vicente López (Arxentina)
Noia Estarreja (Portugal), Mahbes (Sáhara)
Oleiros Jenín (Palestina)
Padrón Noirmoutier (Francia)
As Pontes de García Rodríguez Lesneven (Francia), Carmarthen (Gales), Arroyo Naranjo (Cuba)
Ponteceso Vintes (Portugal)
Rianxo Requejo de Sanabria (España)
Ribeira Nova York (EEUU)
Santa Comba Río de Xaneiro (Brasil)
Santiago de Compostela Barcelona (España), Cáceres (España), Zaragoza (España), Caracas (Venezuela), Santiago de Cuba (Cuba), Jenín (Palestina)
Vimianzo Santa María de Tera

Irmandamentos da provincia de LugoEditar

LOCALIDADE GALEGA LOCALIDADE IRMANDADA
Barreiros Castrillón
Boqueixón Tutrakam (Bulgaria)
Burela San Miguel Arcanjo (Cabo Verde)
Foz Tregastel (Francia)
Guitiriz Sestao (Euscadi)
O Incio Andújar (España)
Lugo Dinan (Francia), Viana do Castelo (Portugal)
Mondoñedo Treguier (Francia)
Monforte de Lemos Sáhara
Palas de Rei Plouay (Francia)
Pantón Sant Adriá (Cataluña, España)
Pedrafita do Cebreiro Vecellai (Francia)
Portomarín Aiguafreda (Cataluña, España), Icca d'Amont (Cataluña, España)
Ribadeo Parentis de Born (Francia)
Sarria Cantón de Mûr de Bretagne (Francia), Communauté de Communes de Guerlédan (Francia)
Viveiro Lannion (Francia), A Habana Vieja (Cuba)

Irmandamentos da provincia de OurenseEditar

LOCALIDADE GALEGA LOCALIDADE IRMANDADA
Allariz Rubi (Cataluña, España), Ciudad Sandino (Nicaragua)
Beade Beade (Vigo)
Celanova Santo Tirso (Portugal), Rubi (Cataluña, España)
O Carballiño (Manc.) Vicente López (Arxentina)
O Irixo Buenos Aires (Arxentina)
Monterrei Monterrey (México)
Ourense Vila Real (Portugal), Tlalnepantla de Baz(México), Plaza de la Revolución -Havana vella- (Cuba), Quimper (Francia)
A Pobra de Trives Tréveris (Alemaña), Trives (Francia)
A Rúa de Petín Almendralexo (España)
Verín Bergen (Alemaña)
Xinzo de Limia Ponte de Lima (Portugal)

Irmandamentos da provincia de PontevedraEditar

LOCALIDADE GALEGA LOCALIDADE IRMANDADA
Baiona a Real Pornic (Francia), Palos de la Frontera, Santa Fe (España), Andrés Freire (Cuba)
Cambados Le Vivier sur Mer (Francia)
Campo Lameiro Aguas Nuevas (Albacete, España)
A Cañiza Los Arabos (Cuba)
Catoira Frederikssund (Dinamarca), West Sommerset (Inglaterra)
Covelo Geneton (Francia)
A Estrada Bluefields (Nicaragua)
Gondomar Gondomar (Portugal)
O Grove Valadares (Portugal)
Lalín Lalinde (Francia), Chascomus (Arxentina), Sankt Georgen on Walden (Austria)
Marín Córdoba (Arxentina)
Moaña Pedroso (Portugal)
As Neves Legé (Francia)
Pontevedra Gondomar (Portugal), Barcelos (Portugal), Vilanova de Cerveira (Portugal), Nafpaktos (Grecia), San José (Costa Rica), Merlo (Arxentina)
Ponteareas Newport (Reino Unido), La Orotava (Tenerife), Monavar (Alacant)
Silleda Morón (Arxentina)
Tomiño Vilanova de Cerveira (Portugal)
Tui Frómista (España)
Vigo Nantes (Francia), Lorient (Francia), Porto (Portugal)
Vila de Cruces Campana (Arxentina)
Vilanova de Arousa Cuxhaven (Alemaña)
Vilagarcía de Arousa Matosinhos (Portugal)

Lista tirada de "Os irmanamentos en Galicia", de María del Mar Gómez. Dispoñible na web do IGADI.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar