Andújar
Andújar é unha cidade e un concello da provincia de Xaén, en Andalucía (España). Cabeza da comarca da Campiña de Xaén. A poboación do municipio en 2016 era de 37.975 habitantes, sobre un extenso municipio de 957 km², o maior da provincia.
Andújar | |||
---|---|---|---|
Andújar | |||
| |||
![]() | |||
Localización | |||
País | España | ||
Xeografía | |||
Altitude | 212 msnm | ||
Superficie | 964.9 km² | ||
Demografía | |||
Poboación | 37.975 | ||
Densidade | 39,6 | ||
Xentilicio | isturjitano na; andujareño, ña andujeños, iliturgitano na | ||
Outros datos | |||
Código postal | 23740 | ||
Alcalde | Francisco Manuel Huertas Delgado (PSOE) | ||
http://www.andujar.es/ |

Situación xeográfica editar
Andújar está situada ao noroeste da provincia de Xaén, aínda que a capital está na campiña e ás beiras do río Guadalquivir, o territorio municipal setentrional está accidentado pola Serra Morena, que en parte conforma o Parque Natural da Serra de Andújar. O Guadalquivir divide o concello en dúas partes diferentes.
Historia editar
Os restos máis antigos pertencen ao Paleolítico acheulense. En época prerromana localizábase aquí a cidade ibérica de Isturgis, aínda que é un erro repetido identificar Andújar coa antiga Illiturgis, que corresponde a actual Mengíbar (o erro consérvase no xentilicio iliturxitano que se adxudica aínda aos andujareños). Foi o Municipium Isturgi Trumphale dos romanos. A denominación Sturgis perduraba aínda en época visigoda.
A partir de 711, a comarca pasou a formar parte do Al-Ándalus. En 853 reaparece o topónimo coa forma Anduyar, precedente do vixente hoxe. Os almohades, no século XII, fortificaron a cidade. Foi reconquistada por Fernando III de Castela de forma pacífica en 1225. Henrique IV de Castela concedeulle o título de cidade en 1467. Foi ocupada en 1808 polos franceses. En 1823, en ocasión da invasión dos Cen Mil Fillos de San Luís, o duque de Angulema emitiu desde aquí unha orde con obxectivo de que cesasen os movementos liberais. En 1873 declarouse cantón federal.
Lugares de interese editar
- Igrexa de Santa María, do século XV, gótica, con torre que talvez proceda da antiga mesquita sobre a que se levantou o templo cristián. Posúe obra do Greco e de Francisco Pacheco, mestre de Velázquez.
- Igrexa de San Miguel, de estilo gótico.
- Casa do Concello.
- Casa de Don Gómez, palacio urbano de estilo barroco.
- Ponte do Guadalquivir, que se cre que posúe basamentos romanos.
- Murallas almohades.
Festas editar
- San Eufrasio;
- Romaría da Virxe da Cabeza.
Véxase tamén editar
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Andújar |