Abrir o menú principal

Luís Antonio de Borbón e Savoia, nado en Versalles o 6 de agosto de 1775 e finado o 3 de xuño de 1844, fillo primoxénito de Carlos X e María Teresa de Saboya, foi Delfín e Rei de Francia (1830). Posteriormente, levou o título de Duque de Angulema.

Luís XIX de Francia
Louis antoine artois.jpg
Nacemento6 de agosto de 1775
 Versalles
Falecemento3 de xuño de 1844
 Gorizia
SoterradoAnnunciation Parish Church (Nova Gorica)
NacionalidadeFrancia
RelixiónIgrexa católica
Ocupaciónpolítico e militar
PaiCarlos X de França
NaiMaria Teresa da Sardenha
CónxuxeMaria Teresa Carlota de França
IrmánsCarlos Fernando e Sofia de Artois
PremiosCabaleiro da Orde do Vélaro de Ouro, Almirante da França, Ordem de Santo Alexandre Nevsky, Ordem de Santo André e Knight Grand Cross of the Military Order of William
Signature of Louis Antoine d'Artois.svg
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Abandonou Francia cos seus pais na nenez, debido á Revolución Francesa, e pasou gran parte da súa vida no exilio. Contraeu nupcias coa súa prima irmá María Teresa de Francia, con quen non tivo sucesión, aínda que anos máis tarde a parella criou como fillo ao seu sobriño Henrique, Duque de Bordeos (Henrique V). A parella regresou a Francia cando caeu o imperio de Napoleón e o seu tío Luís XVIII ascendeu ao trono.

En 1823 correspondeulle encabezar o exército dos Cen Mil Fillos de San Luís, enviado a España para axudar a Fernando VII a restablecer a monarquía absoluta. A expedición non atopou ningunha oposición militar importante, salvo á hora de cercar Cádiz, e representou un considerábel éxito para os absolutistas.

En 1824, ao ascender o seu pai ao trono, converteuse en Delfín de Francia e herdeiro da coroa. Ao producirse a revolución de 1830, o seu pai abdicou no seu favor, aínda que co expreso propósito de que renunciase enseguida en favor do seu sobriño Henrique V, o que en efecto fixo. Con todo, o Duque de Orleans apoderouse do trono co nome de Luís Felipe e a familia real houbo de marchar ao exilio. Ao morrer o seu pai en Praga en 1836, moitos lexitimistas consideraron como novo rei de xure ao duque de Angulema, co nome de Luís XIX, por considerar inválidas as abdicacións de 1830. Con todo, mantívose apartado da política. Morreu no exilio en 1844. Actualmente, atópase enterrado na cripta da igrexa do mosteiro franciscano de Kostanjevica (Nova Gorica, Eslovenia).

Predecesor:
Carlos X
Rei de Francia
1830
Sucesor:
Henrique V

Véxase taménEditar