Lannion

comuna francesa

Lannion (en bretón Lannuon) é unha cidade da Bretaña, situada no departamento de Côtes-d'Armor.

Modelo:Xeografía políticaLannion
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 48°43′57″N 3°27′19″O / 48.7325, -3.4553
EstadoFrancia
Divisións administrativasFrancia Metropolitana
Defense and Security zone of France (en) TraducirWestern defense and security zone (en) Traducir
RexiónsBretaña
DepartamentoCôtes-d'Armor Editar o valor en Wikidata
Capital de
Contén a división administrativa
Brélévenez (en) Traducir
Servel (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación20.344 (2021) Editar o valor en Wikidata (463,31 hab./km²)
Xeografía
Situado na entidade territorial estatísticaQ108921534 Traducir
Q3551039 Traducir Editar o valor en Wikidata
Superficie43,91 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude107 m-0 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Mayor of Lannion (en) Traducir Editar o valor en WikidataPaul Le Bihan (en) Traducir (2020–) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal22300 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Outro
Irmandado con

Sitio weblannion.bzh Editar o valor en Wikidata
Twitter: ville_lannion Editar o valor en Wikidata

Situación

editar

Lannion é unha cidade ponte sobre o río Léguer. A proximidade da desembocadura propicia subidas do seu nivel de varios metros, en función das mareas, no centro da cidade. Esta característica permitiu o establecemento dun vado en tempos remotos á altura da ponte de Kermaria, punto onde deixa de se facer notar a influencia das mareas. Esta particularidade foi aproveitada para a construción, en 1992, dun estadio de augas vivas maremotor; unha presa permite reter a auga traída pola marea alta e soltala nun percorrido artificial durante a marea descendente.

Lannion está situada a:

Historia

editar

Os numerosos megálitos da zona son testemuña da súa antigüidade, ademais de achados de sílex, machados e pedras pertencentes a épocas prehistóricas. Preto de Lannion a mámoa da Motta garda xoias de metais preciosos.

A presenza dos galos varios séculos antes do comezo da era cristiá queda testemuñada coa aparición de moedas e restos de cerámica. O promontorio do Yaudet, no estuario do Léguer, servía á vez de defensa militar e de etapa para os navíos comerciais; no lugar encontráronse moedas fenicias.

Na Idade Media, a construción dun castelo permitía defenderse dunha vía de penetración fácil para os invasores pola existencia do río.

A primeira presa de 190 m. de longa, utilizada como trampa para peixes, foi construída en Servel. Formouse con postes unidos por entramados de madeira, con plataformas triangulares ancorando a estrutura na area e servindo tamén como rompente. Foi construída entre 613 e 615. Ao baixar a marea, os peixes quedaban atrapadaos nun estanque.

Economía

editar

En 1960, a implantación do Centro Nacional de Estudo das Telecomunicacións imprime unha forte orientación á industria da cidade. Outras empresas de altas tecnoloxía seguen o seu paso. Isto permitiu a apertura dun IUT (Instituto Universitario de Tecnoloxía) e dunha escola de enxeñeiros en 1986. Lannion reagrupa unha parte importante das actividades de investigación en telecomunicación en Francia.

Lannion tamén é o concello onde o cable submarino «APOLLO undersea south cable» americano chega a Francia. O sitio está considerado como de importancia estratéxica e vital para os Estados Unidos, segundo un documento secreto difundido nas revelacións de telegramas da diplomacia americana por Wikileaks. O cable submarino WASACE Norte que une Francia aos Estados Unidos, que entrou en servizo en 2014 tamén sae de Lannion.

Cidades irmanadas

editar

Monumentos históricos

editar
  • Igrexa Saint-Jean-du-Baly de Lannion, cunha torre de 1519 e a bóveda da nave restarurada en 2003
  • Capela do colexio Saint-Joseph, construída de 1935 a 1938 por James Bouillé, Xavier de Langlais, Charles Kerambrun, Jules Charles Le Bozec… na filiación dos Seiz Breur
  • Igrexa de Brélévenez, cunha escaleira de 142 banzos que leva ata a parte baixa da cidade
  • Capela Saint Roch, séculos XV-XVI
  • Convento das Ursulinas
  • Mosteiro Sainte-Anne transformado parcialmente a finais de 2006 en mediateca
  • As casas con vigas de madeira vista
  • Castelo do Cruguil, século XV
  • Castelo de Kérivon
  • Pazo de Langonaval, século XV
  • Pazo de Kerprigent

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar