Abrir o menú principal

Coordenadas: 42°19′09″N 03°19′19″L / 42.31917, -3.32194

Faro no extremo oriental do cabo de Creus.

O cabo de Creus é un cabo da costa catalá, o punto máis oriental da Península Ibérica, situado ao norte do golfo de Roses. É un promontorio abrupto e rochoso de 67,2 m de altitude que se alza sobre o mar Mediterráneo no nordeste de España, na provincia de Xirona.

Está suxeito á acción da ondada, provocado fundamentalmente pola tramontana (nome que recibe un vento frío que sopra do norte e noroeste) e os ventos de levante. No extremo oriental do cabo, a 87 m de altitude, sitúase un faro cuxa sinal lumínica ten un alcance de 34 millas.