Avellaneda
Avellaneda é unha cidade arxentina, cabeceira do partido de Avellaneda, na provincia de Buenos Aires. Importante cidade portuaria, está situada dentro da área metropolitana do Gran Buenos Aires, conectada coa veciña Buenos Aires por varias pontes sobre o río Riachuelo.
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Arxentina | |||
Provincia da Arxentina | Provincia de Buenos Aires | |||
Partido da provincia | Avellaneda (pt) | |||
Capital de | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 31.892 (2010) (10.254,66 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 3,11 km² | |||
Altitude | 2 m | |||
Creación | 7 de abril de 1852 | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | B1870 | |||
Fuso horario | ||||
Prefixo telefónico | 11 | |||
Outro | ||||
Irmandado con | ||||
Historia
editarSituado nun terreo cedido en 1620 ao adiantado Juan Torres de Vera y Aragón polo capitán Juan de Garay, en 1731 xurdiu o primeiro asentamento portuario na zona, coñecido como Puerto del Riachuelo. O 7 de abril de 1852 constituíuse o municipio, co nome de Barracas al Sud, presidido polo xuíz de paz de Quilmes Martín José de la Serna. A cidade creceu ata converterse nun importante centro ferroviario a finais do século XIX. Foi rebautizada como Avellaneda o 11 de xaneiro de 1904, en honor do expresidente Nicolás Avellaneda. Foi declarada cidade o 23 de outubro de 1895 e a súa poboación mantense estable desde arredor de 1960.[1]
Avellaneda é un dos principais centros comerciais e industriais da Arxentina, sendo as súas principais industrias as dedicadas ao sector téxtil, as plantas de envasado de carne e de procesamento de cereais, as refinerías de petróleo, as fábricas metalúrxicas. Tamén teñen grande importancia os mercados de produtos agrícolas e gandeiros. Algunhas das empresas máis destacadas cuxas principais instalacións están en Avellaneda son a alimentaria Molinos Río de la Plata, a fabricante de bebidas Cepas Argentinas, a fabricante de artigos de baño Ferrum e o canal de televisión América 24. En 2009 fundouse na cidade a Universidade Nacional de Avellaneda.
En Avellaneda tamén funcionaba o Mercado Central de Frutos. Situado á beira do Riachuelo, foi desenvolvido polo empresario irlandés-arxentino Eduardo Casey e inaugurado en 1889. Contaba cun enlace ferroviario co Ferrocarril Oeste de Buenos Aires, e cunha estrutura de ladrillo de 150 000 m², sendo naquel momento o almacén máis grande do mundo. A descentralización do almacenamento e da venda por xunto durante o século XX tiveron como resultado o seu declive, e o mercado pechou en 1963. Foi finalmente demolido en 1966 para dar paso á Nova Ponte Pueyrredón que une Avellaneda coa Autovía Frondizi de Buenos Aires.[2]
Deporte
editarEn Avellaneda atópanse dous dos clubs de fútbol máis importantes da Arxentina: Independiente e Racing. En 1973 a cidade converteuse na terceira do mundo (despois de Milán e Montevideo) en contar con dous equipos campións do mundo, despois de que Independiente gañase a Copa Intercontinental (Racing gañáraa en 1967).
Na cidade ten a súa sede tamén o Club Sportivo Dock Sud, que xogou na Primeira División.
Galería de imaxes
editar-
Monumento a Nicolás Avellaneda na praza de Alsina
-
Hospital Pedro Fiorito
-
Teatro Colonial
-
Parque Pueyrredón
Notas
editar- ↑ "Barracas al Sur - La creación del Partido. Nicolás Avellaneda" (en castelán). Consultado o 2 de maio de 2022.
- ↑ "El Mercado Central de Frutos" (en castelán). Consultado o 2 de maio de 2022.