Quart de Poblet (en valenciano e oficialmente Quart de Poblet) é un concello da Comunidade Valenciana que se atopa na comarca da Horta Oest. Limita con Aldaia, Xirivella, Manises, Mislata e Paterna (da Horta de Valencia); con Xiva (Foia de Bunyol), Riba-roja de Túria (Camp de Túria) e a cidade de Valencia.

Quart de Poblet
Localización
PaísEspaña
Comunidade autónomaComunidade Valenciana
ProvinciaValencia
ComarcaL'Horta Oest
Xeografía
Altitude40 msnm
Superficie19,70 km²
Demografía
Poboación25.441 hab. (2008)
Densidade1.291,42 hab./km²
XentilicioCuartá
Outros datos
Código postal46930
AlcaldeCarmen Martínez Ramírez (PSPV)
www.quartdepoblet.es/
Praza da Igrexa de Quart de Poblet

Xeografía editar

Situado entre a Horta Sud valenciana e a chaira de Quart. A superficie do termo é completamente cha. O río Turia cruza o termo polo norte e polo oeste circula a rambla del Poyo. O clima é mediterráneo, con choivas no outono e primavera; os ventos dominantes son os do oeste e o leste.

Pódese acceder a esta localidade a través das liñas 3 e 5 de Metro Valencia.

Infraestrutura viaria e accesos editar

Os principais eixes de tráfico rodado situados ao oeste da área metropolitana de Valencia atravesan o termo municipal de Quart de Poblet. Así, tanto o casco urbano como os numerosos polígonos industriais están conectados por autovía con municipios circundantes e outras estradas de gran capacidade.

  • A autoestrada A-3 Autoestrada do Leste -antiga N-III- discorre lonxitudinalmente ao sur de Quart e proporciona tres accesos, un dos cales enlaza co aeroporto.
  • A autoestrada V-30 de circunvalación, paralela á nova canle do río Turia, traza unha liña diagonal entre o noroeste e o sueste da localidade, mentres que a estrada V-11 serve a Quart e conéctaa coa terminal do aeroporto de Valencia. Outras estradas locais, como a CV-408 e a CV-31, serven de nexo, aínda que fragmentado polas instalacións industriais, con núcleos veciños.

Ademais, diversas liñas de Metrobús conectan Quart de Poblet con Valencia e outras localidades.

Núcleos de poboación editar

No concello de Quart de Poblet atópanse tamén os seguintes núcleos de poboación:

  • Quart de Poblet
    • Barri Sant Jeroni
    • Barri del Crist
    • Barri Sant Josep
  • Capellans
  • Porta
  • Sant Josep Artesà

Demografía editar

Quart de Poblet conta cunha poboación de 25.441 habitantes (INE 2008).

Un 5,5% da poboación de Quart de Poblet é da inmigración (INE 2007).[1]

Evolución demográfica de Quart de Poblet[2]
1857 1887 1900 1910 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1981 1991 1996 2001 2006 2007 2008
1.674 1.921 1.814 2.263 2.644 3.152 3.993 5.408 10.571 20.529 27.409 27.404 27.112 25.739 25.430 25.340 25.441

Economía editar

Os cultivos principais son de regadío: laranxeiras, pereiras, hortalizas, cebolas, patacas etc. En terras de secán culítivanse cereais, vide, alfarrobeiras e oliveiras.

As industrias tradicionais son téxtiles, refractarios, cerámica etc.

Notas editar

  1. Fuente: Explotación estatística do censo segundo o INE. Poboación por sexo, municipios e nacionalidade (principais nacionalidades). Arquivado 12 de xaneiro de 2008 en Wayback Machine.
  2. Fonte: Poboación de feito segundo o INE. Alteracións dos municipios nos Censos de Poboación dende 1842, Arquivado 11 de marzo de 2009 en Wayback Machine. Series de poboación dos municipios dende 1996. Arquivado 18 de abril de 2010 en Wayback Machine.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar