Coordenadas: 53°16′19″N 9°2′56″O / 53.27194, -9.04889

Galway (en inglés) ou Gaillimh (en irlandés, ambas formas oficiais) é a capital do condado de Galway, en Irlanda. A cidade atópase na costa oeste da illa, no recanto noroccidental da baía de Galway (53.28°N 9.06°W). O río Corrib atravesa a cidade. Xuvenil e dinámica, é unha das cidades con máis crecemento económico da Unión Europea e resulta difícil precisa-lo seu número de habitantes (segundo datos de 2006 a cidade ten uns 71.893 habitantes), pois aumenta constantemente coa chegada de estudantes a calquera das súas dúas universidades, a National University of Ireland, Galway e a GMIT, así como de traballadores estranxeiros, en gran parte españois.

Galway
Gaillimh
Galway CoA.svg
Galwaycitycollage.jpg
Localización
Galway en Irlanda
Galway
Galway
PaísFlag of Ireland.svg Irlanda
ProvinciaConnacht
CondadoCondado de Galway
Xeografía
Altitude1 msnm
Superficie12,9 km²
Demografía
Poboación71.983 hab. (2006)
Densidade5.580,08 hab/km²
Outros datos
AlcaldeTerry O'Flaherty
Páxina Oficial de Galway

Historia AntigaEditar

 
Mapa de cidade amurallada de Galway (1651).

Con máis de oito séculos dende a súa fundación, Galway, en gaélico Gaillimh (de gall e am, "río rochoso"), debe o seu nome ó leito de pedras do Corrib, o río que a atravesa. Aínda que, se habemos de crer nas lendas, a orixe do topónimo se acharía na mitoloxía celta, segundo a cal Gailleamh, filla do rei Breasal, afogouse preto dunha rocha no Corrib. Finalmente, unha corrente minoritaria de historiadores defende que o nome é unha derivación do termo latino Gallaeci (Galicia), terra coa que os devanceiros de Galway terían fluídas relacións dende tempos moi remotos.[Cómpre referencia]

Dende a súa fundaciónEditar

O nacemento da cidade tivo lugar no século XIII cando Richard de Burgo, un dos invasores anglonormandos, chegou a estas latitudes e tentou toma-lo castelo defendido polo clan local dos O'Flaherty (Ó Flaithbheartaigh). Tras dous anos de asedios, conseguiu o seu obxectivo. Dende 1232, acosada polas tribos irlandesas, a vila de Galway medrou amurallada e fiel ó trono inglés. Da man dos dirixentes normandos, unhas cantas familias monopolizaron os principais negocios. Esta foi a xénese das chamadas catorce tribos de Galway, apelativo que os soldados de Oliver Cromwell dedicarían séculos despois ós poderes fácticos da cidade. Nos albores do século XIV, a vila xa comezaba a se perfilar como un porto comercial no que os viños españois eran moi apreciados.

 
Imaxe do Río Corrib entre a catedral e os arcos españois (Spanish Arch)

Relación con EspañaEditar

A cidade de Galway foi destino habitual de barcos españois nos séculos XV e XVI. O comercio do viño, a pesca do salmón, a loita contra o protestantismo e a común aversión a Inglaterra propiciaron unha gran cooperación. "Todo nesta cidade ten un aire a España." Cando o viaxeiro escocés Robert Graham visitou Galway en 1836, escribiu que a soberbia, que segundo el era típica da Península Ibérica, definía aos seus habitantes, e que nos rueiros podíase percibilo ambiente de dó e indolencia propio de latitudes máis meridionais. Aínda que as súas afirmacións pódense considerar hoxe algo desfasadas, é imposible negar que Galway aínda conserva a súa vocación de porto español (en gaélico- Ceann a'Bhalla) e o desexo de ser capital dos mares, albergue de estranxeiros e patria dos valentes.

Predecesor:
  Matera
  Plovdiv
 
Capital Europea da cultura
xunto con   Rijeka

2020
Sucesor:
  Timișoara
  Eleusis
  Novi Sad

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar