Río Corrib

O río Corrib (en irlandés Abhainn na Gaillimhe) é un río de Irlanda. Nace no Lago Corrib, atravesa a cidade de Galway e desemboca na Baía de Galway. Ten a peculiaridade de ser un dos ríos máis curtos de Europa, con só seis quilómetros de lonxitude dende o lago ata o Atlántico. O río é moi popular entre os caiaquistas debido ás boas condicións que ofrece para a práctica deste deporte.

Río Corrib
Corrib.riviere.JPG
Vista do Corrib dende a ponte Salmon Weir Bridge en Galway.
PaísIrlanda Irlanda
Lonxitude6km
DesembocaduraOcéano Atlántico

Galería de imaxesEditar