O lago Corrib (en inglés Lough Corrib; Loch Coirib en gaélico irlandés) é un lago que se encontra no oeste da Irlanda, na provincia de Connacht, que ten 165,6 km² de superficie. O río Corrib (tamén chamado río Galway) conecta o lago co mar desembocando preto de Galway.

O lago Corrib

A fórmula Loch Coirib é unha corrupción de Loch nOirbsean, nome que provén do navegante Orbsen Mac Alloid (coñecido como Manannán Mac Lir, "o Fillo do Mar", cuxo nome leva tamén a Illa de Man.) En irlandés o corpo tamén se denomina An Choirib ("o Corrib").

Sir William Wilde escribiu un libro sobre o lago, publicado en 1867.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar