Xaime Toxo
pedagogo e escritor galego
Xaime Domínguez Toxo, nado en Bueu o 7 de novembro de 1955, é un mestre, pedagogo e escritor galego.[1][2]
(2015) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de novembro de 1955 (68 anos) Bueu, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | escritor |
Lingua | Lingua galega |
Traxectoria
editarÉ mestre especialista en atención escolar a alumnos con cegueira e discapacidade visual. Foi fundador da Asociación Liboreiro de Bueu en 1974. É presidente do Ateneo de Pontevedra.[1] Foi accésit no premio Modesto R. Figueiredo no 2002, obtivo o primeiro premio do certame de relatos do Concello de Paradela no 2002, e o primeiro premio no certame Manuel Murguía de narracións breves en 2004. En 2011 publicou As palabras que move o mar. En 2016 publicou o libro de relatos Protexer o invisible. En 2019 volveu á poesía con A casa sen nós.
Obra
editarNarrativa
editar- Mouro é o rostro da memoria (2001). Ateneo de Pontevedra. 29 páx. Relatos.
- As palabras que move o mar (2011). Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 978-84-9914-213-5.[3][4]
- Protexer o invisible (2016). Ancoradouro. 141 páx. ISBN 978-84-608-6394-6.[5]
- 70º norte (2023). Vigo: Galaxia. 232 páxs. ISBN 978-84-1176-142-0.[6]
Poesía
editar- Caderno de mar (2014). Deputación de Pontevedra. Ilustracións de Antón Sobral.[7]
- A casa sen nós (2019). Edicións Laiovento. Ilustracións de Juan de la Sota. 82 páxs. ISBN 84-8487-450-8.[8][9]
Texto de exposición
editar- Bitácora dun mariñero sentimental. Centro Cultural Marcos Valcárcel, do 26 de febreiro ao 5 de abril de 2015 / Antón Sobral.Texto, Xaime Toxo.[10]
Obras colectivas
editar- Certame de narración breve Modesto R. Figueiredo Premios Pedrón de Ouro 2010 e 2011, 2012, Editorial Toxosoutos.
Premios
editar- Accésit do Premio Modesto R. Figueiredo no 2002.
- Primeiro premio de narrativa do Certame Literario Manuel Oreste Rodríguez López no 2003.
- Primeiro premio do Certame Manuel Murguía de narracións breves no 2004.
- Accésit do Premio Modesto R. Figueiredo no 2011, por Eco da afasia.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "Ficha de autor". Edicións Xerais de Galicia. Arquivado dende o orixinal o 16/05/2020. Consultado o 3/1/2019.
- ↑ Ana (2022-01-30). "Xaime Domínguez Toxo por Ana Santos Solla". De Vella a Bella. Consultado o 2022-02-01.
- ↑ "As palabras que move o mar". Edicións Xerais de Galicia. Arquivado dende o orixinal o 04/01/2019. Consultado o 3/1/2019.
- ↑ "Crítica de Armando Requeixo sobre «Palabras que move o mar», de Xaime Toxo". Edicións Xerais de Galicia. Arquivado dende o orixinal o 24/09/2019. Consultado o 3/1/2019.
- ↑ Rozas, Ramón (25/10/2016). "Protexer o invisible". Diario de Pontevedra (en castelán).
- ↑ "70º norte". Editorial Galaxia. Consultado o 2023-09-16.
- ↑ Nicolás, Ramón (25/2/2015). "Caderno do mar, Antón Sobral e Xaime Toxo". Caderno da crítica. Consultado o 3/1/2019.
- ↑ "A casa sen nós". Edicións Laiovento. Arquivado dende o orixinal o 29/09/2020. Consultado o 15/8/2019.
- ↑ Nicolás, Ramón (14/11/2019). "A casa sen nós, de Xaime Toxo". Caderno da crítica.
- ↑ "Antón Sobral expón en Ourense "Bitácora dun mariñeiro sentimental"". Televisión de Galicia. Archived from the original on 04/01/2019. Consultado o 3/1/2019.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xaime Toxo |