Abrir o menú principal

Antón Sobral Iglesias, nado en Marín o 4 de abril de 1952, é un profesor, escritor e pintor galego.

Antón Sobral
Antonsobral.jpg
Nacemento4 de abril de 1952
 Marín
NacionalidadeEspaña
EidoPintura
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Fixo o Bacharelato nos Paúles de Marín, estudou tres anos na facultade de Matemáticas e logo licenciouse en Historia da Arte na Universidade de Santiago de Compostela.

Empezou o traballo docente nos Paúles en Marín, despois pasou polos pontevedreses Valle Inclán, Sánchez Cantón, Xunqueira II, Xunqueira I e por Ortigueira. Tamén exerceu a docencia uns 20 anos na Escola de Restauración pontevedresa ata a súa xubilación en 2012 [1].

Empezou a expoñer moi novo, en 1968 en Santiago de Compostela. A súa pintura xa leva percorridas a maioría das cidades de Galicia e tamén se deu a coñecer en Madrid, Francia, Alemaña, Cuba, Italia, Austria e Nova York. En total son máis de duascentas exposicións [2].

Ademais de pintar tamén escribe poesía, fai fotografía, vídeo, etc.

O mar é o meu gran tema, eu disfruto moito pintando o mar, o mar me dá moita calma... eu aconsello moito á xente que pasee ao lado do mar e despois tamén me interesa moito a liña do horizonte, o horizonte no mar é fundamental porque diferencia o ceo da terra... Creo que non hai unha fronteira entre a pintura e a poesía, entre a poesía e o teatro, non hai fronteiras, hai unha disolución dos xéneros... crear a partir dunha verba, crear a partir dunha paisaxe que ves pero a interpretas dunha forma distinta[3]... A arte e a vida é a mesma cousa e dentro da vida a mar me dá, me produce tranquilidade, paz interior, acougo, e eu quero transmitir esa sensación ao espectador[4].

En 2017 expuxo no Espazo de Arte Roberto Verino: "Polas teas/Terras de Verin(o)":

O autor recoñece que coa súa obra artística, pintura, fotografía, escrita e instalación tenta rexistrar “o espírito da miña época”. Foxe da representación panfletaria, mais “non do compromiso”. Realiza unha aposta polas formas, as innovación técnicas acordes co século XXI. “Compromiso coa sociedade e sobre todo no campo da cultura en todas as súas dimensións”. O artista decántase por “un labor de resistencia na loita pola miña cultura galega, ininterrompidamente, desde hai corenta anos”. Sen deixar de visitar a cultura universal, o que sucede no mundo. “As inxustizas, as desigualdades, a pobreza, a fame, os refuxiados, as guerras fraticidas onde só morren os humildes”, apunta[5].

Coordinou varios anos o Festival de Poesía Pontepoética xunto a Yolanda Castaño.

En 2016 foi finalista nos premios Cidade de Pontevedra [6].

 
Xaime Toxo e Antón Sobral na presentación de Baila comigo ata a fin do amor no Culturgal. 02/12/2018

No outono de 2018 xunto a Carmen Hermo expuxo no Pazo da Cultura de Pontevedra: Na beira do río. Diálogos na pintura, unha reflexión sobre a paisaxe e a natureza[7]. En 2018 tamén viu a luz o seu libro de poemas Baila comigo ata a fin do amor, con textos e debuxos do autor.[8]

PublicaciónsEditar

Poesía

Baila comigo ata a fin do amor. Caderno de notas, 2006 (2018), Loaira

Publicacións de exposicións e proxectos nos que participou [9]:

Outras publicacións:

NotasEditar

  1. "A partir de los 50 hay que decir la verdad y, sobre todo, hacer lo que te guste". farodevigo.es. Consultado o 07/12/2017. 
  2. "Sobral Iglesias, Anton". afundacion.es. Consultado o 07/12/2017. 
  3. "Entrevista a Antón Sobral". Consultado o 10/12/2017. 
  4. "Antón Sobral. CC Marcos Valcárcel". Consultado o 10/12/2017. 
  5. "Antón Sobral muestra su obra en el espacio de Roberto Verino". farodevigo.es. Consultado o 07/12/2017. 
  6. "Antón Sobral, Verísimo Pazos, o Colexio de Avogados e Solidaridad Internacional optan ao Cidade de Pontevedra". Consultado o 08/12/2017. 
  7. "Diálogo pictórico entre los artistas Sobral y Hermo". La Voz de Galicia. Consultado o 16/10/18. 
  8. Sobral, Antón (2018). Baila comigo ata a fin do amor. Caderno de notas, 2006. Loaira. 
  9. "Antón Sobral (1952)". bne.es. Consultado o 07/12/2017. 

Véxase taménEditar