A Eiriña, Pontevedra
A Eiriña é un barrio residencial da cidade de Pontevedra[1], situado ao leste do centro urbano.
A Eiriña | |
---|---|
Fonte da Eiriña, a carón da rúa Joaquín Costa | |
Concello | Pontevedra |
Coordenadas | 42°25′38″N 8°38′07″O / 42.427222222222, -8.6352777777778 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Localización
editarSitúase ao norte do Gorgullón, ao noroeste do barrio da Parda, ao oeste dos Salgueiriños e ao sur do barrio da Seca. Na actualidade forma parte do núcleo urbano, pero no nomenclátor de 1940 pertencía á parroquia de Mourente.
Historia
editarEn 1897 inaugurouse no barrio o Hospital Provincial de Pontevedra. O barrio deu nome ao equipo de fútbol Eiriña CF, creado en 1921, que en 1941 se fusionou co Alfonso XIII Foot-ball Club para dar lugar ao Pontevedra CF. O equipo xogaba os seus encontros no Campo do Progreso.
En 1969 a Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra construíu no barrio catro bloques con 112 vivendas, na leira dos Canos de Arriba[2], e a carón dos bloques construíuse a igrexa parroquial da Virxe do Camiño.
Descrición
editarAdemais da igrexa parroquial Virxe do Camiño do arquitecto Francisco Taracido Fraga (inaugurada en 1974) está situado neste barrio o Colexio Calasancio e as oficinas de Telefónica na cidade. O barrio está atravesado pola liña ferroviaria do Eixe Atlántico A Coruña-Vigo, de alta velocidade.
Galería de imaxes
editar-
Arco da vella
-
Rúa de Antón Fraguas
-
Rúa de Filgueira Valverde
-
Campo do Progreso (1924)
Notas
editar- ↑ Fariña Pérez, E. (2005). El Barrio de La Eiriña.
- ↑ López Torre, R. (2000). La Caja de Pontevedra. 1930/2000. Caja de Pontevedra. p. 289-290.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: A Eiriña, Pontevedra |
Outros artigos
editar