Hospital Provincial de Pontevedra

centro públiceo de saúde en Pontevedra

O Hospital Provincial de Pontevedra, é un hospital de titularidade pública e un edificio que entrou en servizo no ano 1897.[1] Pertence ao Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (CHOP) e está situado na rúa Doutor Loureiro Crespo no barrio da Eiriña.

Hospital Provincial de Pontevedra
Fachada norte e entrada principal
Edificio
TipoHospital
EnderezoRúa Doutor Loureiro Crespo, 2
Localización36004 Pontevedra
Coordenadas42°25′45″N 8°38′15″O / 42.429166666667, -8.6375Coordenadas: 42°25′45″N 8°38′15″O / 42.429166666667, -8.6375
Hosp. Provincial en Pontevedra
Hosp. Provincial
Hosp. Provincial
Localización do Hospital Provincial na provincia.
PropietarioXunta de Galicia
Uso(s)Hospitalario
Construción
Inicio1894
Construción1897
Remate1897
Dimensións
Superficie23.000 m2
Plantas4 (planta baixa + semisoto + 2 andares)
Equipo
Arquitecto(s)Siro Borrajo Montenegro
Enxeñeiro estruturalLeón Domercq Alzúa
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

As orixes do Hospital Provincial remóntanse ao hospital de Pontevedra fundado en 1439 por disposición testamentaria de Teresa Pérez Fiota, chamado Hospital do Corpo de Deus. Os Irmáns de San Xoán de Deus rexentárono co nome de Hospital Corpus Christi ata o século XIX.[2]

Tras a desamortización de Mendizábal en 1849, o hospital (situado no bloque da rúa Real e a praza de Curros Enríquez) pasou a ser propiedade do concello de Pontevedra. Debido á deterioración do edificio e co fin de recadar fondos para completar a construción dun novo hospital, o concello decidiu demolelo e construír o novo hospital nun soar da estrada de Ourense (actual rúa Doutor Loureiro Crespo).[3]

O Hospital Provincial de Pontevedra foi promovido polo médico Ángel Cobián Areal, alcalde da cidade entre 1891 e 1893.[4][5] A decisión de crear este hospital foi tomada polo concello en 1890. O proxecto de construción encargouse ao enxeñeiro de camiños León Domercq Alzúa, responsable da xefatura provincial de obras públicas e da comisión de obras do porto, e foi dirixido polo arquitecto Siro Borrajo Montenegro.[6] As obras comezaron o 1 de marzo de 1894. O novo edificio inaugurouse o 14 de decembro de 1897.[3] Unha das primeiras radiografías en Galicia realizouse nel en 1897, dous anos despois do descubrimento dos raios X en 1895.[7]

O hospital pasou a ser propiedade da Deputación Provincial de Pontevedra en 1928.[8] En 1936, o hospital utilizouse principalmente como hospital de guerra.[9] A partir de entón, realizáronse sucesivas ampliacións e construíronse novos edificios. En 1996, o hospital foi transferido ao Servizo Galego de Saúde (SERGAS) e a súa xestión foi asumida pola Xunta de Galicia.[5]

Arquitectura editar

Trátase dun grande edificio, orixinalmente en forma de H e de dúas plantas, con engadidos posteriores. Na actualidade, o edificio orixinal ten tres plantas e o complexo conta con engadidos posteriores de diferentes épocas do século XX.[6]

O edificio orixinal de León Domercq e Siro Borrajo tiña unha planta baixa, un primeiro piso e un soto. É un edificio macizo de cachotaría de granito con múltiples vans con marcos sinxelos en todas as fachadas. Os muros están recebados en branco con morteiro de cal, deixando só visible o granito nos marcos de xanelas e portas.[6]

A entrada principal ten un corpo central saínte sobre o que destaca unha torre (engadida ao edificio orixinal) con tellado en forma de agulla, en cuxas catro paredes hai catro reloxos.[10] O antigo Hospital de San Xoán de Deus, que foi substituído polo Hospital Provincial, tamén tiña un reloxo, que se instalou na torre norte da Igrexa da Virxe Peregrina cando se demoleu o edificio para construír o novo hospital.[11]

A entrada principal do hospital está presidida por unha ampla escaleira central de acceso ao edificio, en cuxo primeiro relanzo atópase a estatua dedicada a Manuel Barreiro Cabanelas (gran benefactor do hospital), realizada en 1942 polo escultor Francisco Asorey.[12][13][14][15]

Foi un dos primeiros hospitais en dispoñer de raios X, calefacción e electricidade.[6]

Galería editar

Notas editar

  1. "¿Qué futuro le espera al Hospital Provincial?". La Voz de Galicia (en castelán). 24 de abril de 2016. 
  2. "El Hospital de San Juan de Dios". Pontevedra Viva (en castelán). 13 de maio de 2016. Consultado o 2 July 2022. 
  3. 3,0 3,1 "El CXX aniversario del Hospital". La Voz de Galicia (en castelán). 18 de decembro de 2017. 
  4. "Ángel Cobián Areal: pionero de los Rayos X y de la lucha contra la rabia y la peste en Galicia". El Español (en castelán). 25 de decembro de 2022. 
  5. 5,0 5,1 "El Provincial de Pontevedra: una historia de 125 años que espera conocer su uso futuro". La Voz de Galicia (en castelán). 29 de xuño de 2022. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 Fontoira Surís 2009, p. 455
  7. "El Hospital Provincial cumple 125 años sin saber aún cuál será su futuro". Diario de Pontevedra (en castelán). 28 de xuño de 2022. 
  8. "Un Hospital en busca de destino". Diario de Pontevedra (en castelán). 5 de febreiro de 2023. 
  9. "¿Sabías que... El bar Parvadas conserva restos de un sepulcro muy antiguo?". Diario de Pontevedra (en castelán). 19 de decembro de 2022. 
  10. "A Peregrina marca el ritmo de la ciudad". Faro (en castelán). 12 de xuño de 2022. 
  11. "El reloj del Santuario de la Peregrina marca la hora en el cupón de la ONCE". Diario de Pontevedra (en castelán). 25 de agosto de 2020. 
  12. "El artista que dejó su huella en los jardines". El Ideal Gallego (en castelán). 4 de xuño de 2016. 
  13. "Barreiro Cabanelas, "nai, non me espere, viaxo á emigración"". Diario de Pontevedra (en castelán). 7 de outubro de 2018. 
  14. "La estatua del gran benefactor del Hospital vuelve a la escalinata tras su restauración". La Voz de Galicia (en castelán). 11 de agosto de 2017. 
  15. "La estatua de Asorey regresa a la escalinata del Hospital Provincial". Diario de Pontevedra (en castelán). 29 de maio de 2017. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar