José Loureiro Crespo
José Loureiro Crespo, nado en Pontevedra o 2 de marzo de 1880 e finado na mesma cidade o 15 de febreiro de 1961[1], foi un médico e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de marzo de 1880 ![]() Pontevedra, España ![]() |
Morte | 15 de febreiro de 1961 ![]() Pontevedra, España ![]() |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela ![]() |
Actividade | |
Ocupación | médico ![]() |
Partido político | Izquierda Republicana ![]() |
Traxectoria
editarFillo de Francisco Loureiro Villaverde e Peregrina Crespo Iglesias, foi irmán do tamén médico Víctor Loureiro Crespo.[2] Estudió medicina na Universidade de Santiago de Compostela e doutorouse na Universidade de Madrid en 1923. Médico en Pontevedra, foi secretario do Colexio Médico provincial en 1906 e presidente en 1925 e 1932. Masón, foi concelleiro republicano de Pontevedra (1912-1919). Durante a República estivo afiliado a Izquierda Republicana. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 confiscaron o seu coche e foi procesado por masón nos anos corenta.
Vida persoal
editarCasou con María Pazos Peleteiro en 1912 e foi pai de María Teresa, Victoria, José e Manuel (que finou en 1920).
Notas
editar- ↑ Necrolóxica en El Pueblo Gallego, 16-2-1961, p. 10.
- ↑ Igrexas, M. (2019): "Víctor Loureiro, o médico republicano de Agolada", no blog Historias de Deza.