Abrir o menú principal

Ángel Cobián Areal, nado en Salcedo (Pontevedra) en 1854 e finado en Pontevedra o 14 de maio de 1901, foi un médico e político galego.

Ángel Cobián Areal
Nacemento1854
 Salcedo
Falecemento14 de maio de 1901
 Pontevedra
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmédico e político
editar datos en Wikidata ]

Índice

TraxectoriaEditar

Estudou Medicina en Madrid. Desenvolveu un labor sanitario en Pontevedra, foi director médico do hospital de Pontevedra (1894), procurador médico do concello, médico encargado do servizo de hixiene, vogal da Xunta Provincial de Beneficencia, presidente do Colexio de Médicos de Pontevedra e inspector de Sanidade da provincia. Redactou o Reglamento para el orden y gobierno del Hospital de Pontevedra (1897) e o Reglamento de Higiene especial (1897), para controlar a prostitución.

Militante do Partido Conservador, foi nomeado alcalde de Pontevedra o 27 de xuño de 1891[1], permanecendo no cargo 1893. Promoveu a construción dun novo hospital e unha campaña de vacinación fronte a varíela.


Predecesor:
Inocencio Acevedo Caballero
  
Alcalde de Pontevedra
 
1891 - 1893
Sucesor:
Víctor Mendoza Muñoz

NotasEditar

  1. Gaceta de Galicia, 2-7-1891, p. 2.

Véxase taménEditar