Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra

hospital público en Pontevedra

O Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, coñecido polo acrónimo CHOP é unha institución sanitaria pública creada no ano 2012 que dá atención sanitaria especializada á poboación das comarcas de Pontevedra, Caldas, Salnés e mais Marín e Bueu no Morrazo, Soutomaior na comarca de Vigo e Cerdedo-Cotobade e Forcarei na comarca de Tabeirós-Terra de Montes. Depende do Servizo Galego de Saúde e está composto por tres hospitais e un centro de especialidades.

Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra
Entrada do Hospital Montecelo, o maior hospital do CHOP.
Fundación:2012
Localización:Mourente s/n
Pontevedra
Universidade afiliada:Universidade de Vigo
Camas:603

O hospital de maior nivel asistencial, o Hospital Montecelo, foi inaugurado en 1973,[1] mais será substituído polo novo complexo denominado Gran Montecelo cuxa construción iniciouse o 3 de maio de 2021[2] e cuxa finalización está prevista para finais de 2023 ou principios de 2024.[3][4]

Ademais da asistencia sanitaria, do CHOP depende a formación sanitaria de médicos internos residentes do último ano de Medicina da Universidade de Santiago[5] e a formación sanitaria da Escola Universitaria de Enfermaría de Pontevedra do Campus Universitario de Pontevedra.

Historia

editar

En 1439, Pontevedra contaba con tres hospitais: o Hospital de Santiaguiño do Burgo, para peregrinos pobres, o Hospital Virxe do Camiño para leprosos e, na Moureira, o Hospital dos Gafos, situado na desembocadura do río Gafos.[6] A mediados dese ano, en 1439, D.ª Teresa Pérez Fiota, fixo testamento para fundar un hospital para asistir aos pobres, que se chamaría Hospital do Corpo de Deus, que, co tempo, coñeceríase como Hospital do Corpus Christi e, máis tarde, en 1579, como Hospital San Xoán de Deus. Este hospital sería demolido en 1896 para construír noutra parte da cidade un novo hospital, o Hospital Provincial de Pontevedra.

O primeiro gran hospital da cidade foi o Hospital Provincial de Pontevedra. A decisión de crear este hospital foi tomada polo concello en 1890. En 1897 aceptáronse os primeiros pacientes. En 1928 foi transferido á Deputación Provincial de Pontevedra.[7] No hospital realizábanse operacións preferentemente cirúrxicas e avanzadas para a súa época. Os médicos do hospital tiveron unha grande importancia na vida da cidade. En 1936, o hospital foi utilizado principalmente como hospital de guerra.

O segundo e maior hospital da cidade foi o Hospital Montecelo, creado en 1973. Foi inaugurado en maio de 1974 polo entón Ministro de Sanidade, Licinio de la Fuente.[8]

O Servizo Galego de Saúde da Xunta de Galicia decidiu integrar estes dous hospitais nun complexo hospitalario chamado Complexo Hospitalario de Pontevedra (CHOP) en 1998.[9][10]

O CHOP (Complexo Hospitalario de Pontevedra) foi declarado Complexo Hospitalario Universitario (CHU) en novembro de 2012.[11] A declaración como Complexo Hospitalario Universitario permitiu que nos hospitais de Pontevedra impártanse docencia práctica da titulación de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela e doutras titulacións de ciencias da saúde como Enfermaría ou Fisioterapia, pertencentes ao Campus Universitario de Pontevedra.

A Xunta de Galicia puxo en marcha a construción en 2020 dun novo hospital para a cidade de Pontevedra e a súa área sanitaria de 300.000 habitantes[12][13] con máis especialidades que o actual, incluíndo radioterapia, medicina nuclear e coidados intensivos neonatais e pediátricos, e cunha capacidade de 724 camas. O novo hospital de referencia de 10 plantas que se engadirá aos xa existentes chamarase Gran Montecelo.[14][15]

Estrutura

editar
 
Entrada ao Hospital Provincial de Pontevedra.

O Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra está composto por:

O Hospital Montecelo conta con 600 camas na actualidade e pasará a 720 coa inauguración do Gran Montecelo. O Hospital do Salnés ten 120 camas.[16][17][18]

Poboación atendida

editar

O CHU de Pontevedra ofrece atención sanitaria pública á poboación do centro e do norte da provincia de Pontevedra. A área sanitaria de Pontevedra abrangue, ademais da capital Pontevedra os concellos seguintes: Barro, Bueu, Caldas de Reis, Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade, Cuntis, Forcarei, O Grove, A Lama, Marín, Meaño, Meis, Moraña, Poio, Ponte Caldelas, Portas, Sanxenxo, Soutomaior e Vilaboa. É tamén un hospital de referencia para pacientes do hospital do Salnés, que está incluído na área sanitaria de Pontevedra. Inclúe os municipios seguintes: Cambados, Catoira, Illa de Arousa, Ribadumia, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa.

Área sanitaria de Pontevedra dependente do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (CHOP)
Área sanitaria de Pontevedra Subárea do Salnés
Barro
Bueu
Caldas de Reis
Campo Lameiro
Cerdedo-Cotobade
Cuntis
Forcarei
O Grove
A Lama
Marín
Meaño
Meis
Moraña
Pontevedra
Poio
Ponte Caldelas
Portas

Sanxenxo
Soutomaior
Vilaboa
Cambados
Catoira
A Illa de Arousa
Ribadumia
Vilagarcía de Arousa
Vilanova de Arousa

O Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra ten un persoal de 2,608 traballadores.[19] Ata 1996 a comarca de Deza tamén dependeu da área sanitaria de Pontevedra e ata o 2002 o concello da Estrada da comarca de Tabeirós-Terra de Montes.[20]

  1. ""Montecelo siempre fue un referente para España"". Diario de Pontevedra (en castelán). 18 de novembro de 2016. 
  2. "Se inicia el Gran Montecelo: el nuevo hospital público de Pontevedra". La Voz de Galicia (en castelán). 4 de maio de 2021. 
  3. "Así van las obras del Gran Montecelo, el nuevo hospital de Pontevedra". La Voz de Galicia (en castelán). 19 de outubro de 2022. 
  4. "El Hospital Gran Montecelo de Pontevedra estará listo a finales de 2023". El Español (en castelán). 24 de marzo de 2022. 
  5. "El área sanitaria recibe a 48 nuevos residentes". Faro (en castelán). 27 de maio de 2022. 
  6. "El Hospital de San Juan de Dios". Pontevedra Viva (en castelán). 13 de maio de 2016. 
  7. "El Provincial de Pontevedra: una historia de 125 años que espera conocer su uso futuro". La Voz de Galicia (en castelán). 29 de xuño de 2022. 
  8. "«Cuando abrió, Montecelo era un hospital de mucha categoría»". Pontevedra Viva (en castelán). 22 de xullo de 2012. 
  9. "De Residencia Sanitaria a Hospital de Montecelo". Faro (en castelán). 24 de novembro de 2013. 
  10. "El nuevo concurso del Gran Montecelo priorizará a quienes rebajen los plazos". Diario de Pontevedra. 4 de novembro de 2020. 
  11. "El Complexo Hospitalario de Pontevedra (CHOP) declarado Hospital Universitario". Biblio Chop (en castelán). 30 de novembro de 2012. 
  12. "El área sanitaria integrada suma 300.000 vecinos de 27 concellos". La Voz de Galicia (en castelán). 12 de outubro de 2011. 
  13. "El área sanitaria Pontevedra-Salnes es la mejor de Galicia en listas de espera para operaciones quirúrgicas". Cadena Ser (en castelán). 17 de xaneiro de 2020. 
  14. "El nuevo concurso del Gran Montecelo priorizará a quienes rebajen los plazos". Diario de Pontevedra (en castelán). 4 de novembro de 2020. 
  15. "La Xunta autoriza la segunda licitación del Gran Montecelo por 130 millones". La Voz de Galicia (en castelán). 27 de novembro de 2020. 
  16. "Así será el Gran Montecelo: 720 camas, 20 quirófanos y 1.400 plazas de aparcamiento". Diario de Pontevedra (en castelán). 9 de abril de 2018. 
  17. "Así lucirá el Nuevo Montecelo". Cadena Ser (en castelán). 10 de abril de 2018. 
  18. "El Hospital de O Salnés tendrá operativas el 87% de las camas en verano y el O Salnés el 90%". 20 minutos (en castelán). 9 de xuño de 2021. 
  19. "La red de hospitales públicos suma 27.471 trabajadores y 7.501 camas". La Voz de Galicia (en castelán). 5 de xullo de 2015. 
  20. "Lalín y A Estrada pasan a formar parte del área sanitaria de Santiago". La Voz de Galicia (en castelán). 7 de agosto de 2010. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar