Abrir o menú principal

Servizo Galego de Saúde

SERGAS

O Servizo Galego de Saúde (SERGAS) é o organismo da Xunta de Galicia, a cargo da asistencia sanitaria pública. Foi creado pola Lei 1/1989, ó transferirse as competencias en materia sanitaria por parte do Insalud.

Integra tódolos centros e servizos sanitarios da administración galega. É un organismo autónomo de carácter administrativo dependente da Consellería de Sanidade da Xunta.

Estrutura actualEditar

Estrutura dos servizos centraisEditar

No 2010 a estrutura do Sergas definida polo Decreto 132/2009 era a seguinte:

  • Presidencia: a conselleira de Sanidade.
  • Xerencia.
  • Tres Direccións xerais:
    • Dirección de Asistencia Sanitaria: responsable da organización da asistencia sanitaria, da investigación e da coordinación co Ministerio e co resto dos servizos de saúde. Tamén é responsable do control dos convenios con entidades privadas.
    • Dirección de Recursos Económicos: responsable da elaboración e control dos orzamentos do Sergas, contabilidade e contratos que firman directamente os servizos centrais.
    • Dirección de Recursos Humanos: responsable do persoal do Sergas.

Centros sanitarios do SergasEditar

Listaxe de hospitais e outros centros que conforman o Servizo Galego de Saúde:

Provincia da CoruñaEditar

Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS)

 
Psiquiátrico de Conxo.
 
Médico Cirúrxico de Conxo.
 
Hospital do Meixoeiro.
  • Hospital Clínico Universitario
  • Hospital Gil Casares
  • Hospital Psiquiátrico de Conxo
  • Hospital Médico Cirúrxico de Conxo
  • Centro de Especialidades Ambulatorio Concepción Areal
  • Centro de Especialidades de Lalín

Complexo Hospitalario Universitario A Coruña (CHUAC)

  • Hospital A Coruña
  • Hotel de pacientes (anexo ao Hospital A Coruña)
  • Sanatorio Marítimo de Oza
  • Hospital Abente y Lago
  • Hospital Materno-Infantil Teresa Herrera
  • Centro de Especialidades Ventorrillo
  • Centro de Especialidades de Carballo
  • Centro de Especialidades Abente y Lago
  • Centro de Especialidades de Betanzos
  • Centro de Orientación Familiar

Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Novoa Santos (Ferrol)

 
Hospital Arquitecto Marcide.

Provincia de LugoEditar

Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo

  • Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA)
  • Hospital Xeral de Lugo (centro de día)
  • Hospital de Calde (psiquiátrico)
  • Hospital Provincial San José
  • Centro de Especialidades Praza do Ferrol

Hospital Comarcal de Monforte

Hospital da Costa en Burela

Provincia de OurenseEditar

Complexo Hospitalario de Ourense (CHOU)

  • Hospital Cristal
  • Hospital Santa María Nai
  • Hospital Piñor
  • Hospital Psiquiátrico Dr. Cabaleiro Goás
  • Centro de Especialidades Rúa do Concello

Hospital Comarcal de Valdeorras

Hospital de Verín

Provincia de PontevedraEditar

 
Hospital Álvaro Cunqueiro.

Complexo Hospitalario de Pontevedra (CHOP)

Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI)

Véxase taménEditar