Complexo Hospitalario Universitario de Santiago
O Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) pertence á rede galega do Servizo Galego de Saúde (SERGAS). Está constituído polos catro centros de asistencia sanitaria especializada, docencia e investigación en Ciencias da Saúde, situados na cidade de Santiago de Compostela.
Complexo Hospitalario Universitario de Santiago | ||||
---|---|---|---|---|
Tipo | rede de hospitais ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Galicia | |||
Provincia | provincia da Coruña | |||
Concello | Santiago de Compostela ![]() | |||
Código postal | 15706 ![]() | |||
Enderezo | Travesa da Choupana, S/N ![]() | |||
Datas | ||||
Fundación | 1993 ![]() | |||
Dimensións | ||||
Número de camas | 1.395 ![]() | |||
Persoas e organizacións | ||||
Operador | Servizo Galego de Saúde ![]() | |||
Composto por | ||||
Hospital Gil Casares ![]() | ||||
Contacto | ||||
Páxina WEB | usc.es… ![]() | |||
Teléfono | +34-981-95-00-00 ![]() | |||
[ Wikidata ] |



Hospitais integrantes e funcións
editarOs hospitais que integran o Complexo son:[1]
- Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela, situado na travesa da Choupana, s/n.
- Hospital Gil Casares, a carón do anterior, na travesa da Choupana, s/n.
- Hospital Médico Cirúrxico de Conxo, localizado na rúa Ramón Baltar, s/n, da parroquia de Conxo. Antigamente coñecido como "Hospital Provincial", dependente daquela da Deputación Provincial da Coruña.
- Hospital Psiquiátrico de Conxo, que se encontra tamén na parroquia de Conxo, na praza Martín Herrera, nº 2. Antigamente coñecido como "Manicomio de Conxo", propiedade da arquidiocese de Santiago.
O Decreto 71/1993 do 18 de marzo da Xunta de Galicia,[2] sinala que a súa creación obedece á necesidade de lograr unha maior rapidez e eficiencia na resposta aos problemas de saúde, a través da coordinación entre os centros e as múltiples unidades organizativas. A vantaxe en xestión obtense da actuación dos hospitais e servizos como un conxunto.[1]
Funcións da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela
editarAs funcións da Xerencia Xeral do CHUS son as seguintes:[2]
- A representación do Complexo.
- Coordinar a programación, dirección, avaliación e control dos plans de actividade económicos e de organización da estrutura integrada baixo a superior dirección do Servizo Galego de Saúde.
- Propoñerlle ao Servizo Galego de Saúde as adaptacións organizativas que resulten procedentes e os acordos que, en relación a outras institucións ou sociedades, poidan convir ao mellor funcionamento do Complexo.
- Elevar informes periódicos e memoria de xestión que o Servizo Galego de Saúde considere oportunos.
- Cantas outras funcións lle sexan delegadas polos órganos competentes.
Relación do Hospital Clínico de Santiago coa Facultade de Medicina
editarO Hospital Clínico de Santiago ten unha antiga e estreita unión coa Facultade de Medicina, e unha gran tradición na formación de profesionais médicos. A capacidade docente e investigadora do Complexo, acorde cun alto nivel de especialización, aválano como un centro de referencia de Galicia e do resto do territorio de España.[1]
Notas
editarVéxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: A Coruña |
Outros artigos
editar- SERGAS
- Facultade de Medicina de Santiago de Compostela
- Área sanitaria de Santiago de Compostela e A Barbanza
Ligazóns externas
editar----
Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
|