Xosé Fernández Ferreiro

escritor galego

Xosé Fernández Ferreiro, nado en Espartedo (Santa Cruz de Rubiacós, Nogueira de Ramuín) o 29 de xaneiro de 1931 e finado na Coruña o 16 de decembro de 2015, foi un escritor galego.[1][2]

Xosé Fernández Ferreiro
Nacemento29 de xaneiro de 1931
Lugar de nacementoEspartedo
Falecemento16 de decembro de 2015
Lugar de falecementoA Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista e escritor
Na rede
Bitraga: 2937 AELG: 139
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Estudou bacharelato en Ourense. En 1954 marcha a Madrid estudar xornalismo, alí fundará con Xosé Luís Méndez Ferrín, Bernardino Graña, Reimundo Patiño e Ramón Lorenzo o grupo literario nacionalista Brais Pinto.[3] O nome e a épica do personaxe que lle pon nome ao grupo –un ficticio afiador ourensán que, despois de percorrer o mundo enteiro co seu oficio, e xa disposto a regresar á súa vila natal, morre atropelado por un tranvía en Madrid- atribúeselle a Fernández Ferreiro.[4]

Comezou a súa andaina literaria publicando varios poemarios nos anos 50. Posteriormente dedicouse á narrativa. Traballou ademais como xornalista en Faro de Vigo, ABC, La Noche, El Correo Gallego, e La Voz de Galicia.[5]

No ano 1985 foi galardoado co Premio Galicia de Xornalismo e en 2003 coa "Letra E" concedida pola Asociación de Escritores en Lingua Galega. O 4 de xuño de 2011 foi elixido membro da Real Academia Galega[6] e tomou posesión o 9 de marzo de 2013 cun discurso titulado Breves reflexións sobre os escritores e os xornalistas. Deulle a réplica Manuel Rivas.[7]

Usou o pseudónimo de Ferr.[8]

ObraEditar

PoesíaEditar

NarrativaEditar

NovelaEditar

RelatosEditar

Narrativa infanto-xuvenilEditar

EnsaioEditar

Obras colectivasEditar

PremiosEditar

NotasEditar

  1. "Adeus a Xosé Fernández Ferreiro". Real Academia Galega. Consultado o 2022-02-06. 
  2. "Xosé Fernández Ferreiro". www.aelg.gal. Consultado o 2022-02-06. 
  3. "autor/a A Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2022-02-06. 
  4. "Xosé Fernández Ferreiro Galegos". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 2022-02-06. 
  5. "Xosé Fernández Ferreiro – Almanaque das Irmandades". Consultado o 2022-02-06. 
  6. "Xosé Fernández Ferreiro ocupará la vacante de Del Riego en la RAG". laopinioncoruna.es. Consultado o 18 de xuño de 2018. 
  7. "Morre o escritor Xosé Fernández Ferreiro, o afiador das letras galegas". La Voz de Galicia. 2015-12-17. Consultado o 2022-02-06. 
  8. "Pseudónimos galegos en ogalego.eu:f". www.ogalego.eu. Consultado o 2022-02-06. 
  9. "Fernández Ferreiro onda o Sil". Faro de Vigo. 2009-11-13. Consultado o 2022-02-06. 
  10. "De número". Real Academia Galega. Consultado o 2022-02-06. 
  11. Vilavedra, Dolores, ed. (2000). Diccionario da Literatura Galega. Obras III. Galaxia. pp. 17–18. ISBN 84-8288-365-8. 
  12. "Ficha do libro Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2022-02-06. 
  13. "Ficha do libro. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2020-11-12. 
Vídeos externos
  DLG 1994 Xosé Fernández Ferreiro, RAG.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar