Agosto do 36

obra literaria de Xosé Fernández Ferreiro

Agosto do 36 é unha novela do escritor Xosé Fernández Ferreiro, publicada en 1991 por Edicións Xerais logo de acadar o Premio Xerais. Foi reeditada en 2002, na Biblioteca Galega 120, e reimpresa en diversas ocasións

Agosto do 36
Autor/aXosé Fernández Ferreiro
CubertaVilar Cardona
OrixeGalicia
LinguaGalego
ColecciónNarrativa
Tema(s)Guerra Civil española
Xénero(s)Narrativa
EditorialEdicións Xerais
Data de pub.1991
Páxinas144 páx.
ISBNISBN 978-84-8302-782-0
editar datos en Wikidata ]

Trama editar

Agosto de 1936 nunha aldea da provincia de Ourense, tralo Alzamento Nacional que deu pé á guerra civil española. Gregorio, coñecido como o Xirandón, sabe que é buscado para ser asasinado polas súas ideas a prol da liberdade. Garabís é un falanxista que aproveita a situación para vingarse de Gregorio e Sara, unha parella de mestres, pois tenlle xenreira a el por emparellar con Sara. Garabís conta con varios veciños colaboradores que o axudan nesta misión. Os falanxistas reclúen a muller nunha aldea abandonada para que o home se entregue. Logo de catro días secuestrada, mátana, e ao marchar descobren o cadáver de Gregorio, ao que disparan.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar