Abrir o menú principal

Manuel Lago González

eclesiástico, poeta, teólogo e arqueólogo galego, en lingua galega e castelá
(Redirixido desde "Lago González")

Manuel Lago González, nado en Randufe (Tui) o 25 de outubro de 1865 e finado en Santiago de Compostela o 18 de marzo de 1925, foi un eclesiástico, poeta, teólogo e arqueólogo galego, en lingua galega e castelán. En 1973 foille dedicado o Día das Letras Galegas.[1]

Manuel Lago González
Manuel Lago González.jpg
Manuel Lago González
Arcebispo da Igrexa católica latina
Biografía
Nacemento25 de outubro de 1865 en Tui, Provincia de Pontevedra
Pasamento18 de marzo de 1925 en Santiago de Compostela
Ordes
Ordenación sacerdotal26 de maio de 1888
Consagración episcopal3 de abril de 1910, por Benito Murúa López
Arcebispo de Santiago de Compostela
1923 - 1925
PredecesorJosé Mª Martín de Herrera
SucesorJulián de Diego
Cargos anterioresBispo de Osma (1909-1917)
Bispo de Tui (1917-1923)
Obra escrita
LinguasGalego e castelán
Xénerospoesía e prosa
Outros
Ficha en catholic-hierarchy.org

TraxectoriaEditar

Fixo o bacharelato e seguiu a carreira eclesiástica no seminario diocesano de Tui. En 1888 sería ordenado sacerdote. No propio seminario exerceu despois o profesorado de Sagrada Escritura, de Teoloxía, de grego e hebreo. Contribuíu a crear o diario La Integridad (1988), redactando as sección fixas "A la médula" e "Ripios".[2] Formou parte da Asociación Regionalista Gallega de Manuel Murguía.[3] Participou nos segundos xogos florais de Galicia (1891) co discurso "Gabanza da lingua galega".

Gañou por oposición unha coenxía na catedral de Lugo. Posteriormente accedeu á dignidade episcopal, sendo bispo de Burgo de Osma (1909-1917), da diocese de Tui (1917-1923) e finalmente arcebispo de Santiago de Compostela (1924-1925), tras 129 anos de predecesores foráneos.[3]

Foi académico fundador da Academia Gallega, en 1906, co discurso de ingreso "Elogio de la lengua gallega"[4] Foi correspondente da Real Academia de la Historia[5] e, en 1924, foi elixido membro do Seminario de Estudos Galegos.

O seus restos descansan na Capela da Comuñón da Catedral de Santiago de Compostela.

Pulvis est ille vir—cui nomen—Emmanuele Lago González—magnifico animo—acri ingenio—doctrina praestans.— Lauro cinctus vatum.—Religionis adsertor indefessus—Oxomen nec-non Tuden—Gregis Pater mitius ea vigilans—Pleniore laudatus ore — decessit Compostellanus Archiepiscopus — Anno natus LIX-XVI Kal Martiis anno MCMXXV—Pax Risusque cœles-tium.    — Inscrición na sepultura de Lago na Catedral de Santiago.[6]

Posuía unha magnífica biblioteca, que á súa morte foi adquirida pola Universidade de Santiago de Compostela.

Obra escritaEditar

Publicou unha chea de poesías, espalladas por varias publicacións da época, como La Integridad, El Norte de Galicia, Galicia Diplomática ou Galicia Católica. Unha escolma delas figura na edición d'Os estudantes ao arcebispo de Santiago datada en 1924. Dez anos despois apareceron tamén composicións da súa autoría no Homenaxe ao arcebispo Lago González, Fror Nova e O neno Xesús, saídos da súa pluma, púxolles música o compositor José Torres Creo. En 1967 sesenta e dous poemas galegos de Lago foron recollido por Xosé Filgueira Valverde nun libro publicado pola Editorial de los Bibliófilos Gallegos.

Galería de imaxesEditar

NotasEditar

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar