La Integridad foi un periódico editado en Tui de 1888 a 1925.

La Integridad

Editar o valor em Wikidata
Lingualingua castelá
LocalidadeTui
Na rede
Galiciana: 3918
editar datos en Wikidata ]

Historia e características editar

Apareceu o 15 de decembro de 1888. Fundado por Antonino Cerviño González. Comezou sendo de periodicidade bisemanal, saíndo os mércores e os sábados, para converterse, logo dunha breve suspensión, en diario, o 2 de xuño de 1890, subtitulado Diario católico. A partir do ano XV, número 8.773 (25 de agosto de 1902) cambiou o subtítulo por Diario de Tuy, e no ano XVII, número extraordinario (8 de decembro de 1904) volveu cambiar o subtítulo por Diario católico de Tuy. Estivo dirixido por Justo Salvador Fortes, Emilio Sías, Francisco González Novas, Cesáreo García Álvarez (Isaac Rego Arce), Eusebio Vence Calviño e Manuel García Lara, e o seu redactor era Victoriano Paridís. A súa tendencia era católica. Tivo moita difusión non só na comarca do Baixo Miño senón tamén noutras localidades galegas, españolas e de América. Ademais de artigos e traballos de carácter histórico como "Antigüedades de Tuy y su obispado" ou "Guerra de la Independencia en Galicia", incluíu unha sección literaria. Cesou a súa edición o 31 de marzo de 1925.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar