Cesáreo García Álvarez

sacerdote e xornalista galego


Cesáreo García Álvarez, nado en Padrenda, foi un sacerdote e xornalista galego.

Infotaula de personaCesáreo García Álvarez

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoséculo XIX Editar o valor em Wikidata
Padrenda Editar o valor em Wikidata
Morteséculo XX Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Estudou no Seminario de Ourense e colaborou en La Voz Católica. Colaborou en La Integridad, El Noroeste, La Nueva Época de Ourense e El Castellano de Burgos, do que foi director (1901), empregando en ocasións o pseudónimo de Isaac Rego Arce. Foi cura ecónomo de Matamá e Couso e colaborou en Noticiero de Vigo, onde se amosou contrario ao socialismo. Foi promotor do movemento social-católico en Galicia. Amigo de Basilio Álvarez, na fase máis radical de Acción Gallega dedicouse a combatela. Dirixiu La Era (1911), La Voz del Condado (1913), dende o que promoveu a organización social e cooperativista identificada coa Igrexa católica. Posteriormente dirixiu La Integridad (1914-1923) e foi nomeado Catedrático de Teoloxía Fundamental e Historia Eclesiástica do seminario de Tui en 1915. En 1921 foi nomeado párroco de Carballeda.

 
Con José Gómez López en Carballeda, 1924.

Obras editar

  • La juventud y las congregaciones marianas, 1900.
  • Los Juegos Florales, 1902.
  • Marianismo, 1915.
  • La prensa periódica, instrumento apologético, 1916.

Véxase tamén editar