La Era foi un periódico editado nas Neves entre 1911 e 1916.

La Era
editar datos en Wikidata ]

Historia e características editar

Subtitulado Publicación mensual. Se publica los días 20 de cada mes, apareceu o 20 de setembro de 1911. A partir de xaneiro de 1913 subtitulouse Primer periódico nevense e a súa periodicidade pasou a ser quincenal. Impulsado por Manuel García Golmar, foi fundado e dirixido por Cesáreo García Álvarez. En 1912 pasou a dirixilo Daniel Antero Costas que deixou a dirección antes de xaneiro de 1914. En 1915 o director era Emilio Veiga Valenzano. Entre os seus redactores figuraron Alejandro e Manuel García Durán, que era redactor xefe en 1916.[1]. Seguiu a liña política de Gabino Bugallal. Mantivo polémicas con El Azote. Incluíu poemas de Rosalía de Castro e coplas populares ou satíricas asinadas por Antero Costas, X. Antelo ou Manolete. Publicou o relato "¡Calquer ten amigos!" asinado por M. Borrás. Cesou a súa publicación en setembro de 1916.[2]

Notas editar

  1. El Tea, 28-7-1916, p. 1
  2. El Tea, 29-9-1916, p. 3.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar