Manuel García Durán
xornalista galego
Manuel García Durán, nado nas Neves cara a 1897 e finado na Coruña o 23 de febreiro de 1924, foi un xornalista galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1897 As Neves, España |
Morte | 23 de febreiro de 1924 (26/27 anos) A Coruña, España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista |
Pseudónimo literario | Melchisedech |
Familia | |
Pai | Manuel García Golmar |
Irmáns | Leopoldo García Durán Alejandro García Durán |
Traxectoria
editarFillo de Manuel García Golmar e irmán de Leopoldo García Durán. Oficial do Instituto Xeográfico e Estatístico na Coruña. Foi redactor xefe de La Era,[1] colaborou en Diario de Pontevedra, Alma Galaica, Marín, El Progreso e El Ideal Gallego utilizando o pseudónimo Melchisedech. Dirixiu a revista El Postín da Coruña (1923-1924). Finou na Coruña o 23 de febreiro de 1924, con 26 anos.[2][3]