Santiago Rey Fernández-Latorre

empresario galego


Santiago Rey Fernández-Latorre, nado na Coruña en 1938, é un empresario galego, propietario do xornal La Voz de Galicia.

Infotaula de personaSantiago Rey Fernández-Latorre
Biografía
Nacemento1938 Editar o valor em Wikidata (85/86 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónempresario Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
NaiMaría Victoria Fernández-Latorre Editar o valor em Wikidata
ParentesMaría Victoria Fernández-España (stepsister (en) Traducir) Editar o valor em Wikidata
Premios

Traxectoria editar

Foi fillo de Emilio Rey Romero e de María Victoria Fernández-Latorre. Licenciouse en Dereito, e en 1961 entra a traballar en La Voz de Galicia, a empresa familiar que fundara o seu avó Juan Fernández Latorre en 1882. En 1963 converteuse no seu xerente, ascendeu logo a conselleiro delegado, en 1987 a vicepresidente e posteriormente, en 1988, foi nomeado presidente, logo do falecemento do seu irmán Emilio Rey Fernández-Latorre[1]. En 1992 controlaba o paquete de accións maioritario da empresa, o 26 %.[1] A súa época na dirección do xornal viu marcada pola expansión, coa merca doutras cabeceiras e medios, coa construción dunha planta de impresión en Sabón, e co despregamento dunha rede de edicións. O negocio ademais estendeuse ao sector audiovisual (cinema, radio e televisión) e beneficiouse de grandes contratos co sector público, como a impresión do Diario Oficial de Galicia[2], así como da maior cantidade de subvencións recibida polos medios de comunicación[3].

En 1993 deixou a primeira fila de xestión do grupo empresarial en mans do seu fillo Emilio Rey Berguer, pero en 2001 destituíuno e recuperou o control da liña empresarial e da toma de decisións[4].

Ademais, Santiago Rey inaugurou unha fundación que leva o seu nome (2001), un museo do xornal que tamén leva o seu nome (1998), e uns premios que levan o seu nome.

Tamén foi presidente do Instituto Internacional de Prensa (IPI), foi un dos fundadores e presidiu a Asociación de Editores de Diarios Españois (AEDE), creou e presidiu a axencia de noticias Colpisa. E creou Antena 3 Galicia e o grupo Cable, e foi conselleiro de Antena 3 TV e Antena 3 Radio.[5]

Galardóns editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 García González, A.: Historia de la empresa La Voz de Galicia. Libros en red, 2009.
  2. La Xunta tiene que decidir ya si amplía el contrato a ‘La Voz’ para imprimir el DOG Arquivado 02 de xaneiro de 2011 en Wayback Machine., Xornal de Galicia, 26/01/2010
  3. Santiago Rey debía a La Voz de Galicia 30,3 millones de euros en el año 2006 Arquivado 18 de abril de 2009 en Wayback Machine., La Región, 31/5/2008.
  4. Emilio Rey: "Mi etapa como editor aún no ha terminado"[Ligazón morta], Xornal de Galicia, 11/1/2002
  5. Rey Fernández-Latorre, Santiago (2016). Yo protesto. Col. Biblioteca Gallega. A Coruña: La Voz de Galicia. pp. 7–8.