Carlos González Reigosa

xornalista e escritor galego
(Redirección desde «Carlos Reigosa»)


Carlos González Reigosa, nado en Lagoa (A Pastoriza) o 2 de setembro de 1948, é un escritor e xornalista galego.

Infotaula de personaCarlos González Reigosa

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento2 de setembro de 1948 Editar o valor em Wikidata (75 anos)
Lagoa, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Formación profesionalCiencias da información e ciencias políticas
Actividade
Ocupaciónxornalista , escritor Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoNarrativa, poesía e ensaio
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios

Bitraga: 1330 Dialnet: 69080

Traxectoria profesional editar

É licenciado en Ciencias da información e Ciencias políticas. Comezou a súa carreira xornalística en La Voz de Galicia. Redactor da axencia EFE desde 1974, foi o seu director de información (1990-1997) e director de publicacións (1997-2004).

É autor de multitude de artigos de crítica literaria e teatral e de política internacional, publicados en xornais e revistas tanto españois como americanos.

Publicou as novelas Oxford, amén (1982), Crime en Compostela (1984) (gañadora do primeiro Premio Xerais e a iniciadora da novela negra na literatura galega, ademais dun dos libros máis vendidos en lingua galega), O misterio do barco perdido (1988), A guerra do tabaco (1996), Narcos (2001) e Intramundi (2002).

Publicou así mesmo libros de relatos curtos (Homes de Tras da Corda, As pucharcas da lembranza, Irmán Rei Artur e Os outros disparos de Billy) e de investigación e ensaio xornalístico, destacando entre eles La agonía del león (Premio Internacional Rodolfo Walsh de Literatura Testimonial en 1996).

Dirixiu varios cursos de verán sobre xornalismo e literatura nas universidades Complutense, Menéndez Pelayo (UIMP), Rey Juan Carlos e Santiago de Compostela, ademais de en diversas institucións americanas (En Miami e Os Ánxeles). Algúns destes cursos foron recollidos en libros: La información internacional en el mundo hispanohablante (1995), Información y Sociedad (1996) ou Hemingway desde España (2001).

É profesor no mestrado de Relacións Internacionais da Universidade Complutense de Madrid e no mestrado de Xornalismo de Axencias da Universidade Rey Juan Carlos e a Axencia EFE.

Obra en galego editar

Narrativa editar

Literatura infanto-xuvenil editar

Ensaio editar

Poesía editar

  • Kid Salvaxe (2014, Xerais).

Conversas editar

Obras colectivas editar

  • A Gran Novela e outras narracións. Traballos premiados no 7º Concurso de Narracións Curtas Modesto R. Figueiredo do Pedrón de Ouro (1982, Ediciós do Castro).
  • Premios Pedrón de Ouro. X Certame Nacional Galego de Narracións Curtas "Modesto R. Figueiredo" (1985, Ediciós do Castro).
  • Contos eróticos. Eles (1990, Xerais).
  • O relato breve. Escolma dunha década (1980-1990) (1990, Galaxia).
  • Unha liña no ceo (58 narradores galegos 1979-1996) (1996, Xerais).
  • Poetas e narradores nas súas voces. I (2001, Consello da Cultura Galega).
  • Palabra por palabra. Contos da Policía (2003, Ir Indo).
  • Os aforismos do riso futurista (2016, Xerais).

Premios editar

Obras en castelán editar

Narrativa editar

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar