Antonio de la Peña
arqueólogo galego
Antonio de la Peña Santos, nado en Pajares de los Oteros (León) o 10 de abril de 1952, é un arqueólogo vinculado con Galicia.
Antonio de la Peña | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 10 de abril de 1952 |
Pajares de los Oteros | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | arqueólogo |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
É membro do Instituto de Estudos Galegos, do Centro de Estudos Históricos de Pontevedra e outras institucións e asociacións arqueolóxicas, así como Académico Correspondente da Real Academia Catalá de Belas Artes.
Os seus traballos céntranse no estudo da cultura castrexa, realizando escavacións arqueolóxicas nos Castros de Torroso e Santa Trega, o estudo do Grupo Galaico de Arte Rupestre, tendo catalogado gran cantidade de petróglifos, así como a Historia de Pontevedra e a súa provincia.
Ten publicado 14 libros e máis de 200 artigos en publicacións especializadas.
ObraEditar
- Los Petroglifos Gallegos (1979).
- Grabados rupestres de la provincia de Pontevedra (1980).
- Castro de Torroso (1992).
- Prehistoria de Galicia (1995).
- Historia de Pontevedra (1996).
- Historia de Vigo (1999).
- Os petroglifos galegos (1999).
- Santa Trega, un poblado castrexo-romano (2001).
- Petróglifos de Galicia (2009), A Nosa Terra, con fotos de Xulio Gil Rodríguez. ISBN 978-84-8341-331-9.[1]
- Guía dos petróglifos de Galicia (Cumio, 2011; xunto a Buenaventura Aparicio Casado).
- Arte rupestre en Galicia (Edicións do Cumio, 2013), xunto a Buenaventura Aparicio Casado e Fernando Carrera Ramírez).
NotasEditar
- ↑ Petróglifos de Galicia no Proxecto Meiga.