Xulio Gil
Xulio Gil Rodríguez, nado en Ourense en 1954, é un matemático e fotógrafo galego. Reside en Vigo[1].
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1954 (69/70 anos) Ourense, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | fotógrafo |
Familia | |
Cónxuxe | Mercedes Álvarez Álvarez (1981-1991) Xela Arias (1992-2002) Isabel Santos Dávila (2008-...), Compañeira. |
Fillos | Elena Gil Álvarez (1983) Darío Gil Arias (1994) |
Traxectoria
editarDe pai vigués, viviu a infancia e a adolescencia na Rúa Aragón da cidade de Vigo. Estudou Enxeñería para logo pasar a Matemáticas. En Santiago de Compostela coñeceu o arqueólogo Antón Rodríguez Casal, que lle transmitiu a paixón pola prehistoria, que á súa vez o levou a comezar a relación co mundo da arte.
Expuxo por primeira vez en 1976 na praza da Princesa de Vigo. Teñen obra súa a Colección Caixanova e o Museo de Pontevedra.[2]
En 1992 casou coa poeta Xela Arias, con quen en 1994 tivo un fillo, Darío; separaron no ano 2002.
Obra bibliográfica
editar- Vigo: fronteira do alén (1988), Ir Indo Edicións, con textos de Xosé Luís Méndez Ferrín. ISBN 84-7680-009-6.
- Tigres coma cabalos (1990), Edicións Xerais, con poemas de Xela Arias Castaño, ISBN 84-7507-449-9.[3]
- Proxecto Galicia, Arte, Tomo XV: Arte Contemporánea, 1995, Hércules de Ediciones, con textos de José Manuel López Vázquez e Iago Seara.
- Proxecto Galicia, Arte, Tomo XVI: Arte Contemporánea (I), 1999, Hércules de Ediciones, con textos de Xosé Antón Castro et al.
- Olores e sabores do saber (2001), Universidade de Vigo, con textos de Carlos Casares. ISBN 84-8158-197-6.[4]
- Xulio Gil (2004), Editorial Deputación de Pontevedra. ISBN 84-8457-202-1.[5]
- Arte e cultura de Galicia e Norte de Portugal (2 v., 2005), Nova Galicia Edicións, coord. por José Manuel Hidalgo Cuñarro, ISBN 84-85401-81-6.
- Sexualidade (2006), Nova Galicia Edicións, ISBN 84-85401-14-X.
- Petróglifos de Galicia (2009), A Nosa Terra, con textos de Antonio de la Peña Santos. ISBN 978-84-8341-331-9.[6]
- Santiagos de Santiago: dos apóstoles al final del camino (2011), Alvarellos, con textos de José Manuel García, ISBN 978-84-89323-67-4.
- Segredos de catedral: A basílica de Santiago de Compostela a través dos seus tempos e espazos (2014), Alvarellos, con textos de José Manuel García. ISBN 978-84-89323-52-0.[7]
Recoñecementos
editarFoi Premio da Crítica Galicia en Artes Plásticas e Visuais na XXXVI Edición, do ano 2013: " tendo en conta a calidade e orixinalidade da súa obra fotográfica, no marco dun longo proxecto de corenta anos que sigue vivo.".[8]
Notas
editar- ↑ «Como todos en Vigo, soy de Ourense» La Voz de Galicia, 31 de xaneiro de 2011 (en castelán).
- ↑ Ana Diéguez Rodríguez: "Fotografía gallega de los años 80 en el Museo de Pontevedra: la serie "Antropolóxicas" de Xulio Gil" en El Museo de Pontevedra n.º LVII (2003).
- ↑ "Xela Arias cuelga en la pared los dramas inconfesables..." El Ideal Gallego, 12/8/1990.
- ↑ Imaxe da portada de Olores e sabores do saber
- ↑ "Ficha do libro Xulio Gil na páxina da Deputación". Arquivado dende o orixinal o 04 de xullo de 2015. Consultado o 04 de xullo de 2015.
- ↑ Petróglifos de Galicia no Proxecto Meiga.
- ↑ "Secretos de catedral: A basílica de Santiago de Compostela a través dos seus tempos e espazos" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 06 de xullo de 2015. Consultado o 04 de xullo de 2015.
- ↑ "Ditame dos Premios da Crítica Galicia 2013". Arquivado dende o orixinal o 04 de xullo de 2015. Consultado o 02 de xullo de 2015.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- "Espacio de Arte", Correo TV, 17/9/2009 (YouTube).
- Entrevista de Pilar García Rego a Xulio Gil, Zigzag diario, 5/11/2013, TVG.