Iago Seara
Iago Seara Morales, nado en Ourense o 26 de agosto de 1948, é un arquitecto galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 26 de agosto de 1948 (76 anos) Ourense, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid |
Actividade | |
Ocupación | arquitecto |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria
editarEste artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde febreiro de 2021.) |
Estudou na Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid. Comezou a súa actividade profesional en Ourense e ós 31 anos pasou exercer como Xefe do Servizo de Arquitectura da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia. Exerce como profesor da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña (Universidade da Coruña) e como Coordinador das Seccións de Arquitectura e Artes Plásticas do Consello da Cultura Galega.
É colaborador habitual de xornais e publicacións especializadas, membro individual de ICOMOS, organismo da UNESCO dedicado á protección do Patrimonio, e da directiva de Hispania Nostra. En 1982 foi elixido membro electo do Padroado do Museo do Pobo Galego e entre 1983 e 1984 foi Presidente do Ateneo Ourensán.
Recibiu o Premio COAG de Obra Nova (1990), o Premio da Asociación Española de Profesionais do Deseño e o Premio Internacional Forestalia a construción en madeira (2001), un accésit no 1º Premio Julio Galán Carvajal e no 2º Premio Julio Galán Carvajal. A súa obra foi seleccionada para a Mostra de Arquitectura dos anos 80-90 organizada pola 1ª Bienal de Arquitectura Española promovida polo Ministerio de Obra Públicas, o Consejo Superior de Arquitectos de España e a Universidade Menéndez Pelayo e en 1993 foi de novo seleccionada unha das súas obras para a 2ª Bienal de Arquitectura Española. No 96 foi nomeada a súa obra de rehabilitación de local para tenda de roupa de Antonio Pernas na Coruña para os IV Premios AEPD (Asociación Española de Profesionais do Deseño) e no 95 foi premiada a tenda para ese mesmo deseñador en Madrid pola mesma AEPD. Realizou o escenario do Monte do Gozo para a IV Xornada Mundial da Xuventude, cuxos actos foron presididos polo papa Xoán Paulo II. Realizou o escenario para o programa da TVG Etcétera, a bancada para o público na representación da obra A lagarada no pazo de Ramón Otero Pedrayo, en Trasalba, o escenario para O bufón do rei (1997) e para Calígula (ano 2000), todas por encargo do Centro Dramático Galego. No ano 2009 recibiu a medalla horífica do Premio Manuel Gómez Román como arquitecto de recoñecida solvencia no ámbito da arquitectura tradicional galega. No 2010 fixo o escenario para os actos da visita do papa Bieito XVI na praza do Obradoiro.
Entre as súas publicacións máis relevantes están o tomo XV do Proxecto Galicia, de Hércules de Ediciones (1995), no que desenvolve o apartado de Arquitectura, segunda metade do século XX, e o libro La catedral de Tui desde su Plan Director, editado pola Xunta de Galicia no ano 2015.
Obras
editarEntre as súas obras adoitan destacarse a vivenda unifamiliar en Corrubedo, seleccionada para a II Bienal de Arquitectura Española[1] (1993), o conxunto parroquial das Fontiñas (Santiago de Compostela), a vivenda de Adolfo Domínguez (Ourense), a nave para Antonio Pernas (Arteixo), o edificio para sede do Centro Superior de Investigación da Madeira en Ourense Entre as súas obras menores, figuran dous edificios de vivendas no balneario do Tremo (Brión), en colaboración con Pedro de Llano, e o edificio de vivendas no barrio de Santa Marta (Santiago de Compostela). Na súa tarefa de restauración e rehabilitación acometeu proxectos como o Plan Director da Catedral de Tui e varias obras no mosteiro cisterciense de Ferreira de Pantón, xunto con outras como a rehabilitación de San Martiño Pinario (Santiago de Compostela), a do edificio para sede do Valedor do Pobo, a restauración das fachadas do Convento de San Paio de Antealtares, a do Mosteiro Cisterciense de Ferreira de Pantón, a das Torres do Allo (2001) ou a do antigo cuartel de instrucción de marinería (CIM) no arsenal Militar de Ferrol. No ámbito comercial, realiza, durante varios anos e en colaboración don Alfredo Freixedo Alemparte, as tendas para a empresa ADOLFO DOMÍNGUEZ en España e no estranxeiro e, con posterioridade, as do deseñador ANTONIO PERNAS.
No ámbito da Ordenación do territorio, foi o xefe do equipo redactor do PXOM de Ourense, anulado en distintas sentenzas do TSXG.[2] Dende o 2004 ó 2015 traballou no PXOM de Pantón, sen chegar a aprobación inicial[3].[4]
Notas
editar- ↑ "II Bienal de Arquitectura Española". Arquivado dende o orixinal o 17 de xuño de 2008. Consultado o 25 de marzo de 2010.
- ↑ Anulación planeamento elpais.com
- ↑ "Anulado o contrato do PXOM de Pantón - La Voz de Galicia".
- ↑ "Un informe oficial alertó sobre el PXOM de Pantón - La Voz de Galicia".
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Datos biográficos de Iago Seara na páxina do Consello da Cultura Galega.