Colección Afundación

colección de arte en Vigo
(Redirección desde «Colección Caixanova»)

Coordenadas: 42°14′14.56″N 8°43′19.71″O / 42.2373778, -8.7221417

A Colección Afundación, anteriormente Colección Novacaixagalicia e antes Colección Caixanova, é unha colección artística de Afundación, obra social de Abanca, a mellor colección privada de arte galega.[1]

Centro Social Afundación Vigo.

Características

editar

O inicio da colección por parte das caixas de aforros tivo lugar a mediados do século XX, antes da fusión que deu lugar a Caixanova. Naquela época comezaban a retornar a Galiza algúns dos artistas emigrados na posguerra. O obxecto da colección, como parte da obra social, consiste en apoiar o labor dos artistas galegos, así como difundir e divulgar a riqueza cultural e plástica de Galiza.

Conta con máis de 5.000 obras,[1] de máis de 300 autores, entre pintura, escultura, fotografía, gravado e debuxo.

Existe unha mostra permanente das obras máis representativas no Centro Social Afundación Vigo.

Autores da colección

editar

Esta é a lista de autores que pertencen á colección Afundación.[2]

 
Estribela de Alfredo Souto Cuero, 1900.
 
O bebedor de Antonio de Puga, 1643.
 
O amor e as súas penas, Xabier Correa Corredoira, 1916.
 
Carros no porto de Noia, Jenaro Carrero, 1895.
 
Retrato da marquesa, Joaquín Vaamonde, 1896.
 
Aldeana, Máximo Ramos, 1909
 
Detalle da obra Dalle pan ó neno, Román Navarro, 1884.
 
Paisaxe con galega, de Serafín Avendaño, 1891.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar