Gabino Rey Santiago

pintor galego

Gabino Victorio Segundo Rey de Santiago (artisticamente coñecido como Gabino), nado en Marín o 8 de xaneiro de 1928 e finado en Barcelona o 30 de abril de 2006, foi un artista pintor galego.

Infotaula de personaGabino Rey Santiago
Biografía
Nacemento(es) Gabino Victorio Segundo Rey de Santiago Editar o valor em Wikidata
8 de xaneiro de 1928 Editar o valor em Wikidata
Marín, España Editar o valor em Wikidata
Morte30 de abril de 2006 Editar o valor em Wikidata (78 anos)
Barcelona, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpintor Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoRetrato Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosPablo Rey Editar o valor em Wikidata
PaiAgustín Rey Fonseca Editar o valor em Wikidata

Facebook: gabinoreysantiago Editar o valor em Wikidata

Biografía editar

O seu pai Agustín Rey Fonseca, fora o primeiro alcalde republicano[1] daquela poboación, feito que no ano 1936 motivou o seu traslado familiar a Barcelona. Así pois, foi en Barcelona onde o artista, á vez que cursaba os seus estudos de Bacharelato na Academia Homero, iniciou a súa carreira pictórica. Xa aos 14 anos, en 1943 pintou un autorretrato que motivou o primeiro interese da crítica barcelonesa a raíz de obter o 1º premio no 1º Salón da Mocidade das galerías Dalmau no ano 1943.[2]

Posteriormente expón nunha colectiva dos Artistas de La Campana de Sant Gervasi, nas galerías Reig. Este grupo de mozos artistas tomou o nome dunha taberna do Carrer Sant Eusebi, preto da Plaça Molina, onde se reunía un grupo de artistas, pintores, escultores, filósofos, psicólogos e intelectuais varios, grupo ao que se uniron Joan Vilató e Josep Vilató (sobriños de Picasso). Joan Ponç, Antoni Tápies, Modest Cuixart, José María de Sucre, Arnau Puig e mais Joan Brossa, ademais de personaxes polivalentes como Guillem Maragall, Francesc Gomá, Vicenç Bonet e outros creadores inquedos, procedentes algúns deles da fusión de dous faladoiros veciños, a de La Campana e a do grupo da Plaça Molina. Nos seus anos de mocidade, Gabino foi un asiduo participante daqueles cenáculos, feito que sen dúbida exerceu unha certa influencia na súa personalidade tanto humana como artística, se ben viviu de primeira man o nacemento do grupo Dau al set (pois os integrantes eran amigos comúns),[3] el optou por un camiño moi persoal sen participar nas actividades dadaístas ou surrealistas da maioría dos seus compañeiros.

Durante a súa escolaridade fixera moi boa relación co seu profesor de debuxo Ramon Rogent, quen, adiviñando nel as súas calidades de pintor, invitouno a tomar clases particulares no seu estudio, centro no que á vez se relacionou con outras novas promesas do momento.

En 1945 expuxo por vez primeira na Galería Syra de Barcelona. Nese mesmo ano, o "Cercle Maillol" do Instituto Francés concedeulle unha bolsa en París á que se ve obrigado a rexeitar por mor de non ter en regra o servizo militar.

En 1947 presentouse á III Exposición Universal da Unión da Arte de Bilbao e obtivo o primeiro premio.[2]

Malia non ter iniciado unha brillante carreira como pintor, despois de 1947 optou por silenciar os seus dotes artísticos durante un longo período e non reapareceu até o ano 1957. A estes anos de inactividade dentro da súa traxectoria pictórica déuselles o nome de "década escura".[2]

Cando reaparece en 1957 cunha exposición na Sala Parés,[4] galería á que estará vencellado até a súa morte, os críticos do momento Alberto Castillo e Juan Cortés fanlle o mellor recibimento e, segundo Cortés, "é novo e é moito máis ca unha promesa", ou "é unha estrela con luz propia", ou "a súa arte é voluntariosa e grave", "a súa pintura é construtiva e non sensitiva", "Gabino sabe facer pintura da realidade".[5]

A partir daquela data a pintura de Gabino vai reafirmándose e ocupa un lugar relevante nas tempadas pictóricas de Barcelona e Madrid. En 1979 toma parte na ART'Expo de Nova York, pasando a formar parte de coleccións particulares desa cidade. En 1980 obtén o Premio A. A. Pousssielque, da Société Nationale des Beaux Arts, París. No mesmo ano expón na Serendipity Gallery dos Ánxeles, Estados Unidos, e en 1981 preséntase na Naif Gallery de Palos Verdes, California.[6]

A obra de Gabino áchase representada nos museos de Lugo, Pontevedra e Sitges (Barcelona), e en coleccións particulares de España, Alemaña, Francia, Portugal, India, Brasil, Suíza, Gran Bretaña e Estados Unidos de América.[6]

Notas editar

  1. Julio Santos Pena (15 de abril de 2009). "Simpatizantes de la República celebran el 73 aniversario de su proclamación". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2 de agosto de 2012. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Puig, Arnau (1992). Maio, ed. Gabino, Estudio de un proyecto pictórico realizado bajo la consideración de la luz. Maio. p. 223. ISBN 84-86180-30-9. 
  3. Santos, Rafael (23 de outubro de 1992). "El pintor Gabino y el Dau al Set". Diario ABC. Arquivado dende o orixinal o 25 de febreiro de 2015. Consultado o 1 de agosto de 2012. 
  4. Maragall, Joan A. (1975). Història de la Sala Parés. Selecta. ISBN 8429805966. 
  5. Cortes, Juan (23 de marzo de 1957). "Gabino en <<Sala Parés>>". La Vanguardia. Arquivado dende o orixinal o 28 de setembro de 2015. Consultado o 2 de agosto de 2012. 
  6. 6,0 6,1 Puig, Arnau (1992). Biografía GABINO: Estudio de un proyecto pictórico realizado bajo la consideración de la luz (MAYO S.A. ed.). Barcelona: MAYO. pp. 223M. ISBN 8486180309. Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2020. Consultado o 27 de setembro de 2015. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar