Carmen Domínguez Vaz

pintora galega


Carmen Domínguez Vaz, nada en Pontevedra o 5 de xaneiro de 1951 e finada en Madrid o 6 de abril de 2021, foi unha pintora galega.[1]

Infotaula de personaCarmen Domínguez Vaz
Biografía
Nacemento5 de xaneiro de 1951 Editar o valor em Wikidata
Pontevedra, España Editar o valor em Wikidata
Morte6 de abril de 2021 Editar o valor em Wikidata (70 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpintora Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeEnrique Ortega Pastor † 2014
Filloscatro

Traxectoria editar

Estudou Maxisterio por indicacións dos pais e, en 1968, marchou a París para estudar francés. Acudiu como oínte á Escola de Belas Artes onde entrou en contacto cun mundo artístico onde primaba a liberdade e aprendeu técnicas descoñecidas até ese momento.[1] Na década de 1980, marchou a Rusia onde se deixou influír polo impresionismo.

En 1983 fixo a primeira exposición, colectiva, na que foi apadriñada por Laxeiro, sendo o presentador Xosé Filgueira Valverde.[2]

Hai obra súa na Colección Afundación, no Museo Provincial de Pontevedra, nas Deputacións de Pontevedra e Lugo; na Pinacoteca de Granada; nos concellos de Baiona e A Coruña,[3] no Museo do Debuxo en Buenos Aires, no Casino Atlántico das Palmas de Gran Canaria e nas coleccións de diversas entidades privadas.[4]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Muere la pintora pontevedresa Carmen Domínguez". Diario de Pontevedra (en castelán). 6/4/2021. 
  2. "Biografía". carmendominguez.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 11/08/2020. Consultado o 7/4/2021. 
  3. Pinturas dependencias municipales Concello da Coruña.
  4. Gago, Marcos (7/4/2021). "Adiós a la pintora pontevedresa Carmen Domínguez Vaz". La Voz de Galicia (en castelán). 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar