Antonio Fernández Gómez

pintor galego

Antonio Fernández Gómez, nado en Goián (Tomiño) o 16 de febreiro de 1882 e finado en Goián o 20 de novembro de 1970, foi un pintor galego.

Antonio Fernández Gómez
Nacemento16 de febreiro de 1882
Lugar de nacementoGoián
Falecemento20 de novembro de 1970
Lugar de falecementoGoián
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpintor
Na rede
http://www.antoniofernandezpintor.com
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Formouse no Brasil, a onde emigrou con doce anos, e alí recibiu leccións do fotógrafo e pintor de orixe alemá Karl Ernst Papf. En 1901 viaxou a Nápoles, a Roma, e a Anticoli Corrado. En 1903 volveu a Galicia e de aí a Madrid, onde se dedicou a copiar aos mestres do Museo do Prado. Marchou de novo a Brasil. En 1929 regresou a Goián, colaborando como escritor e autor de portadas en Heraldo Guardés, Nuevo Heraldo, El Agro de Tomiño, Vida Gallega, El Pueblo Gallego e Blanco y Negro. Na guerra civil saíu varias veces do país e viviu varias vicisitudes.[1]

No libro El mundo visto a los ochenta años do premio Nobel Santiago Ramón y Cajal, di sobre Antonio Fernández que son de encomiar por belleza y fidelidad a la honrrada pintura tradicional, los paisajes de Fernández Gómez.

Membro da Real Academia de Belas Artes Nosa Señora do Rosario, hai obra súa en case tódalas pinacotecas de Galicia, incluíndo o Museo Provincial de Lugo,[2] o Museo Quiñones de León/Pinacoteca Francisco Fernández del Riego,[3] a Colección Afundación[4] e a colección da Fundación María José Jove.[5]

Galería de imaxesEditar

Retrato de Dona Escolástica, 1913, Museu Paulista. 
Retrato de Dona Matilde, Museu Paulista. 
Retrato do Embaixador, Museu Paulista. 

NotasEditar

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar