Heraldo Guardés
Heraldo Guardés foi un semanario editado na Guarda entre 1904 e 1935.
Historia e característicasEditar
Subtitulado Semanario independiente, apareceu o 15 de outubro de 1904. Foi fundado por José Darse Sobrino, que era tamén o propietario, ao seu regreso da emigración. Darse creou unha imprenta propia na que se imprimía o periódico. Entre os seus colaboradores figuraron Guillermo Vicente, Francisco Rodríguez Otero, Manuel Álvarez Rivero, Serafín Carrera Fernández, Rafael Fernández Casas e Xoán Noya. De tendencias liberais republicanas, defensor do agrarismo e anticlerical, antiforal e anticaciquil. Identificouse plenamente co movemento agrario a partir do 30 de xaneiro de 1909, cando reiniciou a súa publicación, interrompida durante varios meses a consecuencia dun incendio. Debido a esta vinculación e ás diversas campañas agraristas, foi considerado como o decano da prensa agrarista dos anos dez. Logo da morte do seu fundador cambiou a súa orientación e pasou a defender á dereita caciquil. Cesou a súa edición en 1935. Varios colaboradores de Darse continuaron a súa liña en Nuevo Heraldo.
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- Martínez Tamuxe, Xoán (2004). O Heraldo Guardés, a Imprenta Guttemberg e o seu director José Darse.
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Do Castro, ed. Historia de la Prensa Gallega 1800-1986. Sada. ISBN 84-7492-489-8.