Rafael Fernández Casas
Rafael Fernández Casas, nado en Buenos Aires o 3 de agosto de 1901[1] e finado en Trasanquelos (Concello de Cesuras) o 20 de agosto de 1936, foi un mestre e escritor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 3 de agosto de 1901 Buenos Aires, Arxentina |
Morte | 20 de agosto de 1936 (35 anos) Trasanquelos, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | mestre , escritor |
Lingua | Lingua galega e lingua castelá |
Traxectoria
editarNado en Buenos Aires, en 1903 regresou con súa nai e os seus dous irmáns a Galicia. A nai ingresounos no hospicio de Santiago de Compostela, onde se criaron. Fixo os estudos de maxisterio na Escola Normal de Santiago de Compostela e traballou como mestre en Palas de Rei e nas escolas de indianos de Veiga e Devesos (Ortigueira). Foi Venerable Mestre da loxa Agarimo nº 78. Colaborou en El Pueblo Gallego, Heraldo Guardés, El Compostelano, El Tea, La Libertad, La Democracia, La Voz de la Verdad, La Provincia e La Voz de Ortigueira. Autor dunha única obra, a novela Loita, publicada en 1927. Nos anos finais da República exerceu de mestre na escola de Souto, en Carnoedo (Sada), desenvolvendo unha grande actividade dentro do Ateneo de Cultura Política y Social daquela vila, que presidiu en 1936.
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e paseado na estrada Agolada-Betanzos en Trasanquelos o 20 de agosto de 1936.
Obras
editar- Loita, 1927, número 33 da Colección Lar.[2]
- Lembranzas do neno, inédita e desaparecida.
Notas
editar- ↑ Primer escalafón de maestros de escuelas nacionales existentes en 31 de diciembre de 1933. Madrid: Ministerio de Instrucción Pública y Bellas Artes. 1934. p. 21.
- ↑ Iglesias, Xabier (28/9/2013). "Loita". OslibrosdeAnxelCasal.blogspot.com.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Rafael Fernández Casas |
Bibliografía
editar- "Fernández Casas, Rafael". Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores (en castelán) II. Bibliófilos Gallegos. p. 41.
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. p. 141. ISBN 84-7492-465-0.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da Literatura Galega. Autores I. Vigo: Editorial Galaxia. pp. 209–210. ISBN 84-8288-019-5.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Rafael Fernández Casas. Mestre mártir galeguista, mestre republicano, escritor e xornalista comprometido Arquivado 06 de marzo de 2016 en Wayback Machine.
- O martirio de Fernández Casas Arquivado 21 de agosto de 2019 en Wayback Machine.
- Rafael Fernández Casas na páxina web Nomes e Voces.