Nuevo Heraldo foi un semanario editado na Guarda entre 1934 e 1936.

Nuevo Heraldo
LocalidadeA Guarda
editar datos en Wikidata ]

Historia e características editar

Subtitulado Semanario republicano independiente e Periódico defensor del agrarismo. Informaciones-Deportes-Política, apareceu o 30 de xuño de 1934. Fundado e dirixido por Xoán Noya Gil. Foi de tendencia republicana e liberal, con concesións ao galeguismo. Incluíu artigos en galego, sobre todo información política e artigos a favor da Autonomía. Colaboraron Filgueira Valverde, Carmiña Prieto Rouco, Xulián Magariños... Abundaban as páxinas dos autores da comarca, como Antón Alonso Ríos (temas económicos), Xan D'Outeiro (pseudónimo de Domingo Álvarez Álvarez, que publicou "Follecas da Jalleira" na xerga dos telleiros), Manuel de la Ventosela (pseudónimo de Manuel Álvarez Rivero). Publicou crónicas dende Porto Rico (por Joaquín Saúl, en galego) e dende Santo Domingo. Apareceron caricaturas de Óscar Noya, fillo do director, que tiña 13 anos. Nos primeiros números apareceu o "Chipi-chipi. Periódico satélite. El único semanario que se regala, con poemas e pasatempos en ton humorístico". Tamén hai que destacar o número necrolóxico dedicado ao poeta guardés Feliciano Rolán Vicente. Cesou a súa publicación o 18 de xullo de 1936.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar