Simón Pacheco

pintor español

Simón Pacheco, nado en Santiago de Compostela en 1968, é un artista visual galego.

Simón Pacheco
Nacemento1968
Lugar de nacementoSantiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpintor
PremiosNovos Valores
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Formación editar

De vocación temperá e formación autodidacta que completa coa realización de cursos nalgunhas das academias máis prestixiosas, como o Royal College of Art e a Central Saint Martins College of Art de Londres ou a School of Visual Arts de Nova York.

Estilo editar

Afirma que a súa obra se basea na súa observación da "realidade" máis aló do consenso. As diferentes técnicas que emprega e empregou, para Pacheco, non son un fin en si mesmas, senón un elemento mais de integración nun todo sorprendente, que é a súa obra, á fin.

Distincións editar

En 1990 obtivo o premio Arganzuela, en Madrid, concedido por un xurado que integraban, entre outros, Rafael Canogar e Darío Villalba. En 1993 é premiado nos Novos Valores, na Bienal de Pontevedra e grazas á bolsa de estudos viaxa por segunda vez a Nova York, estancia que aproveita para coñecer e absorber innovacións na expresión plástica, que no seu afán creador é totalizadora.

Premio Eixo Atlántico de pintura en 1997, en 2001 recibe a bolsa Unión Fenosa e pasa 6 meses como bolseiro en Londres. Accésit no II Premio Auditorio de Galicia en 2002, Premio Nova Creación Artística do Museo do Mar de Galicia en 2003 e segundo Premio Conxemar no 2006.

Obra editar

A súa obra atópase en diversas coleccións públicas e privadas, entre elas a colección do Centro Galego de Arte Contemporánea.

A finais do 2006 trasladouse desde Vigo a Berlín onde reside actualmente.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • García Iglesias, José Manuel: Expresiones y técnicas. Texto en catálogo.
  • González Alegre, Alberto: As últimas encrucilladas. Trazos e camiños. Catálogo.
  • Rubio Nombloy, Javier: Simón Pacheco. Hacer. Madrid, El Punto de las Artes, 1991.
  • David Barro, Fernando Castro Flórez, Vicente Molina Foix, Alberto Ruiz de Samaniego, Severino Penelas, Alberto González-Alegre e Manuel Olveira: simón pacheco ...1999-2005.... Catálogo

Ligazóns externas editar